Partido Popular de Lugo

O PARLAMENTO DE GALICIA APROBA A INICIATIVA DO PPDEG CREAR UNHA SECCIÓN DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS EN SARRIA

Santiago, 7 de novembro de 2008.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá no transcurso da Comisión de Educación unha iniciativa do PPdeG na que a deputada lucense Carmen Janet Salgado solicitaba da Xunta a creación dunha Escola Oficial de Idiomas na vila de Sarria, no prazo máis breve posible. Para Janet Salgado a poboación de Sarria,cerca de 30.000 habitantes, ven a xustificar a necesidade de que esta implantación sexa efectiva, no prazo máis breve posible,  xa que está garantida a matrícula suficiente polo número de poboación escolar.

Na defensa da súa iniciativa a deputada popular recordou que os gobernos do PP fixeron un esforzo importante na creación de Escolas Oficiais de Idiomas na provincia, coa súa implantación en Lugo, Monforte, Ribadeo e Viveiro. Tendo en conta que a demanda de ensinanzas de idioma en Galicia medra continuamente e a demanda existente en Sarria, tanto por parte do profesorado como dos estudantes, así como diversos colectivos profesionais como do sector da hostalería, Carmen Janet considerou indispensable a súa implantación na vila.

A iniciativa do PPdeG foi emendada polo PSdeG e o BNG e a aprobación definitiva, consensuada por todos os grupos, demandaba que “na planificación e estudio das matrículas dentro das posibles novas aperturas na provincia de Lugo, se estime a pertinencia da apertura dun centro ou sección destas características no concello de Sarria”.

Para a deputada popular a creación desta Escola de Idiomas tería un custe moi reducido xa que o IES Gregorio Fernández dispón de espacios suficientes e conta coas instalacións e equipos necesarios  e xa mostrou en diferentes ocasións a súa dispoñibilidade para que fora implantada nas súas dependencias.