Chantada, a 8 de novembro de 2008.- Na asamblea celebrada hoxe polo agrupación local de Chantada para elexir nova executiva saliu elexida a candidatura encabezada por Susana López Abella, que recibiu 108 votos fronte ós 85 que acadou á lista que lideraba Manuel Lorenzo Varela.
En total participaron neste proceso de renovación da executiva do PP de Chantada 198 afliados dos 254 que podía exercer o seu voto, o que significa un 78 por cento. Dos votos emitidos, o 55 por cento foron para Susana López, o 43 por cento para Manuel Lorenzo Varela e o 2 por cento, o que equivale a cinco papeletas, foron en Branco.
A xa presidenta electa dos populares chantadinos explicou no seu discurso as súas líneas básicas de actuación que, segundo recalcou, estarán centradas en traballar para recuperar a alcaldía de Chantada. Avogou pola unidade de todos neste obxectivo e comprometeuse a darlle maior peso á xente nova coa creación dunha agrupación local de Novas Xeracións.
O Presidente provincial José Manuel Barreiro, que foi o encargado de clausurar o congreso, salientou no seu discurso que a partir de agora “iniciase unha nova etapa na que todos”, segundo recalcou, “somos necesarios”.