Partido Popular de Lugo

O PP FAI UN CHAMAMENTO Á MOVILIZACIÓN CIDADÁ PARA DEFENDER UN TREN DIGNO PARA LUGO

Lugo, a 8 de setembro de 2008.- O Presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro e o deputado Joaquín García Díez calificaron de “intolerable” a paulatina reducción do servicio ferroviario do que está a ser obxecto a provincia de Lugo e fixeron un chamamento á movilización cidadá para “esixir un trato digno” na oferta deste medio de transporte que, segundo recalcaron, “debería de potenciarse na vez de desmatelarse”.

Barreiro explicou que o Partido Popular presentará iniciativas en todas as institucións para acadar unha “repulsa unánime e contundente” de todas as forzas políticas “á discriminación da que está a ser obxecto a provincia de Lugo por parte do Goberno central con este goteo constante de supresión de trenes tanto nos traxectos de longo percorrido como de cercanías”. O líder dos populares lucenses abogou pola “unidade de todos nesta loita”. “O PP, como veu facendo ata o de agora, liderará está reivindicación ante todas as institucións, pero é fundamental que toda a cidadanía se sensibilice con esta xusta demanda e esixa, con contundencia e saíndo á rúa se é necesario, que Lugo teña o servicio ferroviario que por dereito lle corresponde”, engadiu.

Joaquín García pola súa banda augurou que o futuro non é esperanzador xa que a este paulatino desmantelamento do tren tradicional hai que engadirlle o feito de que Lugo está excluido da chegada do AVE e non hai previsión presupuestaria para abordar a  electrificación da línea entre A Coruña e Monforte.

O deputado popular puntualizou “que non é momento de recriminacións senón de traballar unidos na defensa dos intereses dos lucenses”. Anunciou tamén a posta en funcionamento dun dominio na web (lugotambienexiste.com/org) na que se colgarán todas as iniciativas encamiñadas a reclamar a mellora do ferrocarril na provincia.

Os populares puxeron varios “exemplos ilustrativos da desfeita” da que está a ser obxecto o transporte ferroviario na provincia de Lugo. Así, segundo explicaron, viaxar en tren de Lugo a Vigo pasando por Monforte (unha distancia de aproximadamente 200 quilómetos) pode levar máis de 11 horas se se contabilizan as esperas do trasbordo que hai que facer en Monforte. Se esta viaxe se fai vía A Coruña (256 quilómetros) o tempo de duración estimado aproxímase a preto de cinco horas. Ningunha das dúas opcións resulta atractiva porque o desplazamento de Lugo a Vigo en coche é de unhas dúas horas e media.

Viaxar de Monforte a Pontevedra, un traxecto de 190 kilómetros, leva máis de tres horas, o mesmo que hai 20 anos. Ademais este trayecto non pode facerse de forma directa xa que hai que facer trasbordo en Redondela ou Vigo.

Se unha persona que vive en Quiroga quere ir á Coruña invertirá no traxecto tres horas e vinte minutos. Peor situación teñen aínda na Mariña, xa que para chegar a Ferrol tardase case tres horas e hai que facer a viaxe a bordo dun tren de vía estreita.

Os populares chamaron a atención tamén sobre o mal estado no que se atopan os trenes que circulan por Lugo e por Galicia en xeral, así coma os horarios e as frecuencias dos convois que non deixan dúbida, na súa opinión, “do abandono deste medio de transporte na chamada Galicia Interior en contraste, por exemplo, coas líneas que cubren o arco Vigo-Santiago de Compostela-A Coruña”. 

Por todo elo, a iniciativa que o PP levará a todas as insititucións, xa rexistradas no Congreso e no Concello de Lugo, pasa por realizar, a través de RENFE Operadora e ADIF, os estudios necesarios encamiñados a implantar en Lugo un servicio de tren ALARIS ou similar que cubra en horario diurno a línea A Coruña-Lugo-Monforte-Madrid.Incrementar las frecuencias y mejoras de materiales en los servicios de cercanías entre Lugo y Monforte, y entre Lugo y A Coruña.

Inclúe tamén restablecer os servicios existentes entre Lugo e Cataluña, e  Lugo e País Vasco, suprimindo os trasbordos, así como o impulso das obras, coa consignación das pertinentes partidas orzamentarias, de electrificación da línea Monforte-A Coruña e situar a chegada do AVE a Lugo nos plazos comprometidos e acordados no Plan Galicia.