Sarria, a 9 de setembro de 2008.- O Presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, acompañado do presidente dos populares sarrianos, José Antonio García, acusaron hoxe ó Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, de tentar “maquillar coa promesa dun novo plazo” o ano e medio de retraso que acumulan xa as obras do VAC Nadela-Sarria.
“Se Pérez Touriño de veradade quixera comprometerse co futuro de Sarria e dos sarriano tería que ter anunciado na súa visita de onte o desdoblamente desta estrada e non limitarse a dicir que se fará cando as necesidades do tráfico así o requiran. Coas súas manifestacións puxo de manifesto, unha vez máis, que o seu plan de reequilibrio é papel mollado e que as promesas que fixo o seu partido antes de asumir ó Goberno da Xunta non valen nada porque non as cumpre”, indicou Barreiro.
![]() |
Barreiro e García lembraron que durante o último goberno do PP na Xunta todos os tramos do VAC Nadela-Sarria estaban en obras polo que a conexión Nadela-Sarria debería estar rematada e en servicio dende hai, como mínimo, doce meses. Pero, segundo o anuncio realizado onte por Touriño e Caride, non entrará en servicio ata finais de este ano, o que significa que o retraso acumulado alongarase, coas previsións máis optimistas, ata os 18 meses.
Máis escandalosa resulta a situación na que se atopa a conexión Sarria-Monforte. No 2005, suliñaron os populares, tiña a Declaración de Impacto Ambiente favorable e o proxecto constructivo moi avanzado. Estaba prevista a licitación das obras para finais de 2005 para que os traballos ponderan comenzar no primeiro semestre de 2006.
“De cumprirse estes prazos, a estrada estaría hoxe a piques de estar rematada e en disposición de entrar en servicio. Pero a realidade é que o proxecto estivo gardado nun caixón durante tres anos e agora dinnos que o primeiro tramo está en licitación e os outros dous aínda pendentes de que rematen os proxectos”, explicaron os populares.
Os representantes do PP tamén lle recomendaron a Touriño que, “si de verdade quere axudar”, desbloquee o pago das expropiacións ós veciños afectados pola construcción da estrada. “O conflicto remontase a hai prácticamente dous anos e dende a Xunta nin se deron solucións nin se contestaron as alegacións presentadas polos afectados”. “Non parece lóxico”, engadiron, “que o precio fixado polo Ministerio de Fomento para a construcción do AVE dobre o ofrecido pola administración galega”.
FALLA DE COMPROMISO.- “A veradeira implicación e o compromiso real cunha comarca expresase con feitos. E pode que Touriño esqueza, pero seguramente non os veciños de Sarria, que nos orzamentos da Xunta deste ano non só non se incluía ningún proxecto novo ou a maiores dos xa previsto polo Goberno do PP senón que se reducían as partidas asignadas ós que si se están executando”, suliñaron.
José Manuel Barreiro e José Antonio García calificaron o que está a acontecer co corredor Nadela-Sarria “coma o exemplo máis sangrante de que a palabra dos socialistas non vale nada”, xa que din unha cousa cando están na oposición e outra moi distinta cando gobernan, pero non é o único.
Así, segundo relataron, “por poñer só tres exemplos máis”, o último tramo da estrada Sarria-Becerreá está paralizado dende hai tres anos; en tres anos non foron capaces nin de aprobar o proxecto de construcción da piscina climatizada para a que había xa asinado un convenio de colaboración entre a Xunta, a Deputación e o propio Concello e levan un ano dándolle voltas ás modificacións que van a acomenter no centro de saúde.
“O avance do que fala o Sr. Touriño viaxa nun tren de cercanías con continuos retrasos”, concluiron os populares.