Partido Popular de Lugo

O GPPP LAMENTA QUE O BIGOBERNO ASUMA QUE ESTÁ DISTRAIDO CANDO NON FAI NADA DE NADA

Lugo, a 19 de xullo de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular admitiu hoxe “estar desconcertado” coas declaracións do grupo socialista da Deputación, xa que considera que resultan “moi difíciles de entender”. “Uns días protestan porque decimos que son vagos, e outros días recoñecen que están algo distraídos. Eso o único que significa é que efectivamente traballan moi pouco”. 

Para os populares, “xustificar a parálise na que se atopa a administración provincial pola anulación de dúas obras resulta patético e unha tomadura de pelo. E resulta ilustrativo, ademais, da nula capacidade de xestión, de iniciativa e de ilusión do actual equipo de goberno”.   

“O goberno da Deputación tén que gobernar”, recalcan dende o GPPP, “e non estar facendo oposición da oposición”. Ó entender dos populares “non deixa de ser chocante que agora digan que están algo distraídos coa etapa anterior. E pode ser certo, porque se están limitando a continuar asuntos que quedaron iniciados polo goberno anterior que tanto critican, e esto é posible porque antes traballábase, facíanse obras, comenzábanse proxectos e agora, simplemente, non se fai nada”. 

As evidencias, para o PP, son claras: Non hai proxectos de conservación da rede viaria provincial para 2008; non se aprobou ningún proxecto de obra, sexa do tipo que sexa, durante o seu primeiro ano de goberno; sacouse tarde e mal o desbroce da rede viaria; procederon a paralizar obras e infraestructuras que ascenden a 50  millóns de euros; a estas alturas de ano ainda non están concedidas as subvencións do plano de colaboración coas comunidades de veciños…  “Todas elas cuestións do día a día, que conta e moito para os cidadáns desta provincia”, engaden os populares. 

O único no que se afana o bigoberno é no autobombo e na autocomplacencia. “Os socialistas pensan que con sacar árbores e poñer plantas, con abrir xardíns e facer festas, xa está todo feito. Pero a realidade é que os cidadáns desta provincia non viven deso. O que queren é que se habilite chan empresarial, que se axilicen as infraestructuras, que se apoie con decisión ó sector pesqueiro e agrogandeiro… Escoitalos decir agora que están cansos da oposición do PP resulta lamentable porque, como se ve e como xa é coñecido, cánsanse moi rápido, dado que nun ano xa recoñecen ter problemas de rendemento”. 

Lembran tamén dende o PP que, no transcurso deste primeiro ano de goberno, é a primeira vez que dan de baixa dúas obras dun POL ou dun POS, “e xa din que teñen unha herencia chea de problemas, anque eso sí, recoñecen que hai cartos”. 

“Deberían recoñecer tamén que, pese ó ano transcurrido,  non fixeron  nada para axilizar nin éstas nin outras obras, porque estiveron máis ocupados en facer os cambios precisos de áreas e persoal, co único obxectivo de complacer os egos dalgúns prebostes socialistas, que de traballar pola provincia”, engaden.