Lugo, a 18 de xullo de 2008.- Os senadores do Partido Popular por Lugo José Manuel Barreiro e María del Carmen Gueimunde amosáronse perplexos pola respota do Goberno de Zapatero ante a pregunta que lle formularon sobre as causas que impediran o depliegue dunha dodación da Garda Civil do Mar en Viveiro e na que, ó mesmo tempo, se interesaban polas previsións para a súa entrada en servicio e pola dotación humana e material coa que contará.
Segundo se explica dende o Goberno central, “la importante presión que viene ejerciendo la inmigración irregular a lo largo de los últimos años en las costas del archipiélago canario y en la fachada mediterránea de la península, así como la necesidad suscitada de adelantar los dispositivos de control hasta las costas africanas, ha provocado que los esfuerzos realizados por la Guardia Civil en potenciar el Servicio Marítimo se haya orientado, principalmente, hacia esas zonas marítimas”.
“La ampliación de otros servicios marítimos provinciales, como el de Lugo”, engade a reposta escrita, “se determinará cuando se actualicen los estudios técnico-operativos de dimensionamiento de los recursos humanos y materiales que precisaría”.
Para os senadores populares, tanto a tardanza na entrada en funcionamento deste servicio, prevista para o 2005, como a respota dada polo Goberno, poñen de manifesto a marxinación da que está a ser obxecto a provincia de Lugo, xa que o seu litoral, no que atinxe á vixilancia marítima, atópase totalmente desprotexida.
Lembran que neste intre en Galicia hai operativas dúas bases do Sermar da Garda Civil. Unha está situada en Marín e encargase de atender a franxa costeira comprendida entre Tui e Muros; e a outra, ubicada en A Coruña, patrulla as augas enmarcadas entre Finisterre e Ortegal e, esporádicamente e si o tempo o permite, chegan ata Ribadeo.
As previsións eran establecer, con anterioridade ó 2005, unha terceira base en Viveiro, que se encargaría de atender toda a franxa costeira da provincia de Lugo. Con este obxectivo, de feito, o Concello de Viveiro acondionou as infraestructuras necesarias para elo, incluida a instalación dun pantalán.
Ante a resposta do Goberno, José Manuel Barreiro e María del Carmen Gueimunde teñen claro que a posta en funcionamento desta base do Sermar non é unha prioridade para o executivo que lidera José Luis Rodríguez Zapatero, que nin sequera ten fixado prazo para súa entrada en servicio ou as necesidades dotacionais que requeriría.
Os senadores lucenses critican a falla de compromiso do Goberno pero tamén a desidía e desinterese da Xunta de Galicia por defender os intereses da provincia e por evitar esta nova mostra de discriminación da que é obxecto Lugo.
Indicaron asemesmo que, ante a resposta obtida, presentaron unha moción na Cámara Alta na que instan ó Goberno a crear con carácter urxente unha base do Sermar en Viveiro.