Partido Popular de Lugo

A CONSELLEIRA DE SANIDADE RECOÑECE A IMPROCEDENCIA DA ACTUACIÓN DO DELEGADO DE LUGO

Lugo, a 26 de xuño de 2008.- María José Rubio, conselleira de Sanidade, recoñeceu hoxe, en resposta a unha pregunta formulada polo deputado popular Dámaso López, que o proceder do delegado en Lugo, Miguel Ángel Rodríguez, non foi o máis axeitado.

 

Un recoñecemento que, ó entender do deputado lucense, pon aínda máis de manifesto a necesidade de que de xeito inmediato sexa cesado do seu posto, xa que, segundo lembra, ésta non é a primeira vez que a súa actuación é fonte de polémica e de controversia. 

 

Na súa opinión, o correo electrónico remitido polo delegado de Sanidade a todo o persoal da delegación e da dirección xeral do Sergas no que prohibía explícitamente ós inspectores médicos a realización das funcións que teñen atribuídas por lei é unha extralimitación das súas competencias e un proceder absolutamente intolerable en un representante da administración.