Partido Popular de Lugo

O PP CONSEGUE A APROBACIÓN DUNHA PNL PARA MELLORAR O CONTROL DA PESCA ILEGAL E AS INSPECCIÓNS DE DESCARGAS EN PORTO

Madrid, 25 de maio de 2008.- O deputado nacional do Partido Popular pola provincia de Lugo e voceiro de pesca do Grupo Parlamentario no Congreso, Joaquín García Díez, defendeu esta mañá na comisión de Medio Ambiente, Agricultura e Pesca  unha Proposición non de Lei relativa á adopción de medidas para mellorar a inspección das descargas de peixe que se rexistran nos portos así como o control  da pesca ilegal. 

Durante a súa intervención o voceiro popular  puxo de manifesto “as graves carencias que sufre a plantilla de  inspectores de pesca que pertencen á Administración Xeral do Estado aos que  non se lles recoñece a libre disposición, nin o horario de mañá, tarde e noite,  nin disponibilidad tal e como ocorre con outros colectivos como, por exemplo, nos puntos de inspección fronteirizos.

 

Joaquín García Díez acusou ao goberno de Zapatero de provocar “coa súa falta de sensibilidade” o paro que,  dende o mes de Maio, protagonizan os inspectores de pesca marítima. O voceiro de pesca do Grupo Parlamentario Popular considera “moi grave” que se chegara a esta situación xa que “son os inspectores de pesca marítima son os que velan para que se cumpra a normativa comunitaria (etiquetado, controis sanitarios, higiene) nas descargas de mercadería de peixe nos portos”. “É unha incoherencia que só se lles recoñeza o horario de sete e media da mañá a tres e media da tarde, cando todos sabemos que os barcos chegan a porto e descargan a calquera hora”, puntualizou García Díez..

Na proposición non de lei que se debateu esta mañá en Comisión no Congreso dos Deputados propoñíase “realizar o máximo esforzo negociador co colectivo dos inspectores de pesca marítima para alcanzar as melloras laborais que reivindican”, así como a “consecución dos medios necesarios para combatir, dun xeito eficaz,  a pesca ilegal”. Como terceiro punto os populares piden que o goberno central “faga as oportunas previsións presupostarias para conseguir en 2009 as melloras propostas”.

 

Por último o voceiro de pesca do Partido Popular, o lucense Joaquín García Díez, avogou “para que se estreiten as necesarias vías de comunicación coas comunidades autónomas en aras a evitar duplicidade de inspeccións e lograr unha boa coordinación entre as distintas administracións”.

 

 

BNG-PSOE .- O voceiro de pesca do Grupo Parlamentario Popular criticou “a pouca ambición” das enmendas que presentaron hoxe, na Comisión de Medio Ambiente Agricultura e Pesca,  o PSOE e o BNG de cara a paliar a crise do sector pesqueiro. Joaquín García Díez considera que ambas propostas se quedan nunha simple declaración de intencións: “ abstuvimonos nestas propostas porque son, ambigüas, pouco claras e os seus plantexamentos eran pouco ambiciosos. Ademais non tiveron en conta as 18 medidas que se contemplaban na PNL que presentou o PP de cara a buscar solucións á crise do sector pesqueiro. Estas propostas foron recollidas no plan de viabilidade que presentou a patronal pesqueira española CEPESCA, á administración española e que a Ministra Espiñosa segue sen tomar en consideración”.

 

Precisamente esta mesma noite, o voceiro popular de pesca Joaquín García Díez fará unha interpelación urxente  na que intervirá á Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural y Mariño,  na que esixirá solucións estables para paliar a crise gandeira,  agrícola e pesqueira.