Partido Popular de Lugo

OS SOCIOS DO BIPARTITO APLICAN O RODILLO PARLAMENTARIO E REXEITAN ENVIAR UN XUIZ DE REFORZO E CREAR UN NOVO XULGADO EN CHANTADA

Santiago, 27 de xuño de 2008.- Os dous partidos que sustentan ao Goberno bipartito –PSOE e BNG- rexeitaron hoxe no Parlamento unha iniciativa do Grupo Popular, defendida por Susana López Abella, para  dotar dun xuíz de reforzo o xulgado de Chantada, ademais de reclamar que na próxima proposta de creación de novos órganos, a Xunta solicite ao Goberno central a creación do xulgado número 2 para ese partido xudicial.

 

 

López Abella, recordou que nunha visita efectuada a Chantada en febreiro de 2006, o entón director xeral de Xustiza da Xunta e actual secretario xeral da Consellería da Presidencia, Santiago Roura, recoñeceu a necesidade de dotar ao xulgado mixto número 1 dun xuíz de reforzo, dada a carga de traballo que acumula o titular. 

Sen embargo no debate celebrado hoxe na Comisión de Xustiza e Interior do Parlamento, os grupos que apoian á Xunta restaron credibilidade ao anuncio do entón director xeral de Xustiza, ao tempo que negaron que a saturación do xulgado de Chantada acade os niveis preocupantes que presenta.

 

 

Segundo López Abella, o xulgado mixto de Chantada –que prestan servizo aos 7 concellos deste partido xudicial –Chantada, Antas de Ulla, Carballedo, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín e Taboada- sobrepasa nun 47% os módulos establecidos polo Consello Xeral do Poder Xudicial, con retrasos inadmisibles. Como exemplo, a deputada referiu un caso que leva 18 anos nese xulgado, cos correspondentes prexuízos para a familia afectada.         

 

 

“NON SON ANÉCDOTAS, SON PERSOAS”.- Fronte a esas evidencias, a deputada socialista Beatriz Sestayo tratou de restar transcendencia á situación, argumentando que se trata de “anécdotas” que non deben reflicten a situación real. López Abella amonestou á deputada socialista advertindo que o os casos que están pendentes no xulgado de Chantada “non son anécdotas, senón que se trata de asuntos que afectan ás vidas das persoas”.

 

 

A deputada popular avanzou que a negativa de PSOE e BNG a apoiar a petición dun xuíz de reforzo e dun segundo xulgado para Chantada se traducirá nun “enfado monumental dos veciños e dos profesionais vinculados ao mundo do dereito”, que sofren a cotío unha saturación que os socios da Xunta insisten en negar. 

Deste xeito, López Abella concluíu que socialistas e nacionalistas ““votaron en contra dos veciños de Chantada, non só en contra dunha proposta do PPdeG”.