Partido Popular de Lugo

O GPPP ASEGURA QUE A DEPUTACIÓN NON REALIZA OS MÍNIMOS TRABALLOS DE MANTENEMENTO NAS ESTRADAS PROVINCIAS

Castro de Rei, 11 de xuño de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular, a través do seu voceiro adxunto, José María González Barcia, e xunto con membros do Grupo Municipal do PP de Castro de Rei, Arturo Pereiro e Francisco Javier Balado, asegurou hoxe que a Deputación non cumpre coas súas obrigas no que o mantemento das estradas provincias se refire. 

 

Unha situación que se pon claramente de manifesto no concello de Castro de Rei no que os aprroximadamente 30 quilómetros de viais provincias presentan graves deficiencias que dificultan o tránsito de vehículos. Para ter unha idea da situación é suficiente botarlle unha ollada ó estado no que se atopa a estrada de Castro Ribeiras de Lea a Couto de A pasando por Ansemar; a que vai do cruce de Xesto a A Pastoriza; a que comunica Castro con Cospeito, á altura da rotonda que vai ó parque empresarial, ou as que comunican Bazar coa Ponte de Outeiro ou Bazar con Veiga do Pumar. E que, ó entender dos populares, “son só unha pequena mostra do que acontece no resto dos viais da provincia”. 

Barcia calificou de “ridículo” que os baches se sinalicen con sprai. “Este é o traballo que están a facer os vixiantes da Deputación, primeiro marcan os baches e despois, como dixo o Sr. Gato, tápanse só algúns”. É por esta razón que o voceiro adxunto dos populares recoméndoulle a Gato, que foi concelleiro neste municipio, que veña a visitar as estradas para verificar o pésimo estado no que se atopan e se decate de que é necesario bachear máis de vinte”. 

 

Para o Partido Popular as áreas de Infraestructuras e Vías e Obras da Deputación son inoperantes. “Non se está a facer nada e, dada a situación, pode que non sexa mala idea que o propio Presidente asumise o control do parque móvil de Vías e Obras para ver así se deste xeito se logra unha maior axilidade nos traballos de reparación”. 

Os concelleiros populares de Castro recalcaron que o alcalde, Díaz Valiño, non está a traballar nin polo concello nin polos seus veciños. “Se tivese interese en facer algo, dado que é responsable dunha parcela de Vías e Obras, tería, cando menos, as estradas de competencia provincial debidamente atendidas”. 

Arturo Pereiro, José Luis García e Francisco Javier Balado lembraron a este resptecto que o Grupo Municipal Popular de Castro presentou varias iniciativas no pleno para que se instara a Deputación a que procederá ó arranxo dos desperfectos existentes. A última, segundo puntualizaron, ten data do 22 de abril e facía referencia as estradas de Castro Ribeiras de Lea a Couto de A pasando por Ansemar; a que vai de Castro de Rei ó cruce de Xesto, a de Bazar a Ponte de Outeiro e de Bazar a Veiga do Pumar.