Partido Popular de Lugo

BARREIRO INTERESARASE MAÑÁ NO SENADO POLA CAÍDA DAS VENDAS DE VEHÍCULOS

Lugo, a 10 de xuño de 2008.- O senador José Manuel Barreiro, na súa calidade de voceiro de Economía do Grupo Popular, será o encargado de requerir mañá información ó Goberno na Cámara Alta  sobre a sustancial baixada (un 24,3 por cento) que experimentou a venda de vehículos durante o pasado mes de maio en España. Un índice que ven a sumarse, ó entender dos populares, a unha longa lista de datos que poñen de manifesto a grave crise económica que está a experimentar a economía española. 

Barreiro, ademais de voceiro de Economía, é o coordinador da comisión de Economía e Facenda do Grupo Popular no Senado. Ocupa asimismo una vocalía nas comisións de Asuntos Iberoamericanos, de Suplicatorios e na comisión mixta para a Unión Europea.

 

MOCION SECTOR PRIMARIO.- O senador popular ten presentado unha batería de iniciativas entras que é de salientar unha que fai referencia ó sector primario, na súa dobre vertiente pesqueira e agrogandeira, que está a ser un dos máis castigados pola crise. Así, o senador lucense asina unha moción para o seu debate en pleno e en comisión na que se pide ó Senado que inste ó Goberno a que realice as xestións pertinentes para acadar os seguinte obxectivos: 

– A habilitación dun mecanismo polo que se leven a cabo descontos directos ou rebaixas do coste fiscal, aplicables ó precio do gasóleo profesional, con fin de compensar o espectacular incremento sufrido nos últimos anos e que impide que actividade pesqueira e agrogandeira sea rendible.

 

– Que se poña en marcha unha campaña de promoción dos productos pesqueiros e agrogandeiros para fomentar a venda e consumo de pescado, carne e leite, así coma o establecemento dunha garantía de precios mínimos para o productor.  Debe tamén garantirse a información ó consumidor sobre a orixe do producto, a súa trazabilidade e o cumplimento da normativa sanitaria e de etiquetado.

 

– A posta en marcha dunha batería de medidas fiscais, que inclúan a exención do pago de cotas na cotización á Seguridade Social durante seis meses e desgravacións ou rebaixas no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o Imposto de Sociedades.

 

– A elaboración, en colaboración coas distintas administracións implicadas, sindicatos e organizacins pesqueiras e gandeiras máis representativas, dun Plan estratéxico para a pesca e para a gandeiría, que sea un instrumento de análise e determinación das medidas necesarias para a superación do modelo productivo, industrial e comercializador actual, e que permita e fundamente a adopción das actuacións que garanticen a creación do verdadeiro valor engadido, coa finalidade de conquerir empresas saneadas, capaces de crear riqueza para o país.

 

– A tomar as medidas específicas oportunas para solucionar a difícil situación que está a sufrir o sector gandeiro (lácteo e cárnico).

 

– A que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, como máximo responsable, realice as oportunas xestións para paliar o  problema existente no sector gandeiro e pesqueiro.