Partido Popular de Lugo

O GPPP LAMENTA QUE A DEPUTACIÓN AÍNDA APROBE AGORA OS PROXECTOS TÉCNICOS PARA AS ROZAS NAS VÍAS PROVINCIAIS

Lugo, a 12 de xuño de 2008.- O Grupo provincial do Partido Popular lamenta que os responsables da Deputación estiveran demorando ata agora a aprobación das bases reguladoras e os proxectos técnicos para acometer as rozas nas estradas de titularidade provincial en diferentes concellos de Lugo. 

Ó entender dos populares non é lóxico que, dadas as datas nas que nos atopamos, a piques de principiar o verán, se poña en marcha este operativo cando os traballos deberían de estar xa feitos. 

A xunta de goberno de mañá inclúe no seu orde do día, segundo salientan dende o PP, a aprobación dos modelo de convenio-tipo para realización das tarefas mencionadas, así como os proxectos técnicos pertinentes para a actuación nas estradas provinciais dos concellos de Baleira, A Fonsagrada, Ribeira de Piquín, Meira, A Pastoriza, Baralla, As Nogais, Cervantes, Triacastela, O Courel, Carballedo, O Saviñao, Pantón, Sober, Bóveda, Ribas de Sil, Paradela, Antas de Ulla, Palas de Rei, Friol, O Incio, O Corgo, Guntín, Portomarín, Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Muras, O Valadouro, Alfoz, Mondoñedo, Barreiros, Lourenzá, Trabada e Ribadeo. 

Para o Partido Popular é necesario a realización destes traballos de desbroce pero insisten en que van a levarse a cabo fora do plazo recomendado para facelo. Lembran neste senso que dende a Deputación anunciouse hai meses a execución destas actuacións e que dende o Grupo provincial reiteradamente se denunciou o estado de abandono no que se atopaban as estradas de titularidade provincial. Un abandono que non se restrinxe só ó desbroce, tamén a falla de mantenemento e reparación da calzada. 

Na opinión do GPPP esta situación é un exemplo máis da parálise que está a sufrir a administración provincial e que é únicamente achacable os seus responsables políticos pola súa falta de dedicación e de traballo e non ós funcionarios.