Partido Popular de Lugo

CASTIÑEIRA ADIVIRTE DE QUE OS PISOS DA RÍA DE VIVEIRO “QUEDARANSE SEN VISTAS POLA NORMA DO HÁBITAT”

Viveiro, a 8 de maio de 2008.- O deputado autonómico Jaime Castiñeira alertou hoxe en Viveiro de que “a partir de agora todos os pisos que den á ría quedaranse sen vistas ó mar porque, segundo establece o decreto Hábitat, o salón da casa non pode estar orientado ó norte para garantir así que teña, como mínimo, unha hora diaria de sol directa durante o mes de decembro”. Unha situación que, segundo recalcou, se fará extensible a todas as rías da costa galega que, como o caso de Viveiro, estén orientadas ó norte.     

Castiñeira utilizou este exemplo para poñer de manifesto as “contradiccións e o absurdo dalgúns dos parámetros establecidos polo BNG na súa norma” que, segundo salientou, “vai pola vía da imposición, do ordeno e mando, dado que na súa redacción non se contou coa opinión ninguén”. 

Por qué os galegos imos ter que pagar entre un 25 ou 30 por cento máis polos pisos que se fagan ó amparo deste decreto,  preguntouse tamén o deputado popular durante a súa comparecencia en rolda de prensa, na que estivo acompañado polo tamén deputado José Manuel Balseiro, o presidente local do PP Cesar Aja e alcaldes e voceiros da formación popular na Mariña. 

Castiñeira recalcou que este decreto arremete de xeito directo contra a autonomía local e supón unha intromisión nos planeamentos urbanísticos aprobados e en vigor nos concellos ó alterar a edificabilidade e usos aprobados. Esto conlevará, segundo salientou, a paralización ou o retraso, no mellor dos casos, dos plans de ordenación que se están a redactar nos concellos. 

HIPOCRESÍA DO PSOE.- Jaime Castiñeira tamén se referiu á hipocresía dos socialistas, que admiten que a norma do Hábitat non é a axeitada e que non se fixo do xeito que debía, pero, ó mesmo tempo, permiten a súa entrada en vigor. “Este é un exemplo de absoluta falta de coherencia política no que priman os intereses partidistas sobre o interese xeral”, afirmou . 

O deputado popular fixo referencia a aspectos específicos incluidos na norma que “non teñen ningún sentido” como é o caso de que as portas teñan que medir ata vinte centímetros máis  que a medida estándar aplicable en toda España, “co sobrecusto que esto implicará”; que só poida ubicarse, como excepcionalidade, un dormitorio ó patio de luces ou que a altura máxima da parte inferior da ventá non supere os 45 centímetros. 

Jaime Castiñeira Broz recalcou que a aplicación do decreto non vai ser doada e que, de feito, está a atopar a oposición de todos os sectores implicados. “O peor é que os verdadeiros perxudicasos van a ser os usarios e aquelas persoas que queiran facer unha vivenda”, engadiu. 

“O PP é partidario de asegurar a calidade das vivendas pero non a calquer precio e pola vía da imposición”, recalcou, “porque un dos primeiros fallos que se lle poden achacar a esta norma é que non se contou con ninguén para facela”. Asegurou, ademais, que os populares seguirán reclamando a derogación do decreto e que se inicie un proceso de negociación coa Fegamp e con todos os sectores implicados para facer “unha norma na que prime o sentido común”.