Partido Popular de Lugo

OS DEPUTADOS DO PARTIDO POPULAR DE LUGO SERÁN OS VOCEIROS DO SECTOR PRIMARIO DA PROVINCIA EN MADRID

Lugo, 29 de abril de 2008.- O deputado nacional do PP pola provincia de Lugo, Joaquín García Díez, asume nesta lexislatura a portavocía de pesca do Grupo Parlamentario no Congreso.  

García Díez conta coa experiencia de catro anos traballando nese mesmo campo, ainda que desta volta aumentan as súas competencias xa que a Secretaría General de Pesca  abarca novas áreas que son: sostenibilidade do medio mariño a de protección de costas do estado (esta última unha competencia que antes levaba Medio Ambiente).

A comisión de pesca comparte tres protagonismo con  medio ambiente, agricultura e todas elas teñen a mesma categoría. 

Ademáis de asumir a portavocía de pesca o deputado lucense participará como vocal en dúas comisións: 

– A de seguridad vial y prevención de accidentes de tráfico

 

– A de políticas integrais de discapacidade

O deputado popular indicou que “a complicada coxuntura que vive o sector pesqueiro obrigarálle a dedicar moito máis tempo a esta área”. García Díez declarou estar “moi contento de poder traballar de forma máis directa, por e para os discapacitados, uns colectivos polos que sempre se interesou e mantivo un contacto constante”. 

Canto ó  tráfico, ó estaren na comisión de seguridade vial, lle permitirá presentar temas relacionados cos puntos negros da provincia ou propostas encamiñadas a mellorar a educación vial dos conductores. 

Na pasada lexislatura García Díez realizou 107 intervencións repartidas en defensa proxectos de lei, presupostos do estado, sesións de control ó goberno comparecencias de autoridades proposicións non de lei, intervencións na deputación permantente do congreso, como representante do grupo popular na subcomisión de seguimento das consecuencias derivadas do afundimento do prestige. 

Como voceiro pesca presentou en torno a 40 proposicións non de lei relacionadas co sector ademáis de outros asuntos de interese. 

RAQUEL ARIAS.- Pola súa banda a soberina, Raquel Arias, que se estrea como deputada nesta lexislatura, foi designada voceira adxunta  da comisión de Medio Ambiente e vocal, nesta mesma comisión, de Agricultura e Pesca, o que suporá que o sector agrogandeiro de Lugo, que non está a pasar polos seus mellores momentos dada a grave crise que afecta ó precio da leite e a carne en orixe, terá unha interlocutora en Madrid que traballará “sen descanso” por defender os intereses dos gandeiros e agricultores lucenses. Un sector básico, segundo ela mesma recalcou, na economía da nosa provincia. 

Raquel Arias manifestou o seu desexo de poñerse a disposición dos sectores productivos da provincia e comprometeuse a ser a súa voz no Congreso dos Deputados. A deputada tamén participará como vocal en tres comisións: 

–  Industria, turismo e comercio;

–  Vivenda;

–  Sanidade e consumo.