Partido Popular de Lugo

BARREIRO PRESENTARÁ UNHA BATERÍA DE PREGUNTAS NO SENADO SOBRE INFRAESTRUCTURAS E SERVICIOS DA PROVINCIA DE LUGO

Lugo, a 30 de abril de 2008.- O senador José Manuel Barreiro deu a coñecer hoxe en rolda de prensa unha batería de iniciativas que levará á Cámara Alta “en defensa dos intereses da provincia de Lugo”. 

Segundo explicou Barreiro, ó seu plan de traballo como senador electo por Lugo irá encamiñado nunha dobre dirección. Por unha banda, “fiscalizará estricta e firmemente” todas as promesas realizadas polo Partido Socialista durante a pasada campaña electoral. A finalidade deste cometido, segundo recalcou o senador popular, “é obvia: asegurar que os compromisos adquiridos coa nosa provincia se convirtan en feitos”. 

Barreiro lembrou neste senso que o PSOE non se caracterizou precisamente na pasada lexislatura por “cumprir con Lugo” e “vou facer todo o que esté na miña man para esixir que nos vindeiros catro anos o Goberno de Zapatero faga o que prometeu facer”. 

“Como  reiteradamente dixen durante a campaña electoral das Xerais, os políticos debemos responder da nosa palabra, dos nosos compromisos e eu cumprirei o cometido que me asignaron os lucenses, os que me votaron e os que non, de estar vixiante para que os intereses de Lugo non se vexan mancillados unha vez máis pola amnesia dos dirixentes socialistas que, á hora de cumprir, esquencen todo o dito”. 

Por otra banda, o seu obxectivo é presentar cantas iniciativas sexan precisas para favorecer os sectores productivos básicos na economía da provincia. Neste aspecto salientou, por exemplo, que é urxente adoptar medidas para paliar a difícil situación na que se atopan os gandeiros lucenses que, de seguir as cousas así, moitos terán que plantearse a continuidade ou non das súas explotacións. 

Barreiro quere acadar que Lugo esté, no que atinxe a infraestructuras e a dotación e prestación de servicios, ó mesmo nivel que o resto das provincias galegas e españolas. “Presentarei iniciativas que atinxan á provincia en xeral pero tamén farei especial fincapé nas diferentes comarcas que, polas súas peculiariedades, teñen necesidades diferentes”, engadiu.

GANDEIROS.- Así, interesarase polas medidas que ten acometido ou acometerá o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino para paliar o grave problema no que se atopan os gandeiros lucenses por culpa da crise que están a sufrir os sectores lácteos e cárnicos. 

LEI DE DEPENDENCIA.- Pedirá asimesmo información sobre a apliación da Lei de Dependencia en Lugo. Concretamente quere saber cántos dependentes están neste momento valorados e cántos reciben xa prestación.

INFRAESTRUCTURAS.- Neste contexto anunciou a presentación de 14 iniciativas, todas preguntas para a súa resposta por escrito. Un bo puñado delas fan referencia a infraestructuras vitais para o desenvolvemento da provincia. Así, interesarase no Senado polas actuacións realizadas polo Ministerio de Fomento dende xuño de 2004 sobre a Autovía do Cantábrico e se a previsión de finalizar a obra en 2008 segue vixente. Barreiro tamén pregunta se Fomento confirma o compromiso efectuado durante a recente cumbre Galicia-Asturias por ambos presidente autonómicos de que esta estrada estará operativa en 2010.

A autovía Chantada-Monforte, cuxo remate estaba previsto, segundo acordo do Congreso, en 2010, será outro dos viais sobre os que se interese o senador popular, así como da Autovía Lugo-Ourense (os traballos deberían estar acabados no horizonte do 2008-2010) e a Lugo-Santiago (que tamén está previsto que estuvera operativa no mesmo período que a anterior).

O AVE tamén ocupa un lugar importante entre as iniciativas que levará ó Senado José Manuel Barreiro. Interesarase, de feito, polos AVE Ponferrada-Monforte, Lugo-A Coruña (en ambos casos o acordo do Congreso de xuño de 2004 era que estiveran rematados no 2012-2014) e Lugo-Ourense (a súa finalización estaba fixada para o 2009).

Barreiro tamén presentará unha pregunta sobre o AVE do Cantábrico, que tería que estar rematado o pasado ano. Neste senso, o senador popular quere saber, xa que non se cumpriu o prazo previsto, que horizonte temporal manexa o Ministerio de Fomento. 

O tramo de competencia estatal do corredor San Cibrao-Barreiros tamén e motivo dunha iniciativa de Barreiro, que quere saber qué se fixo dende xuño de 2005 para permitir o avance desta obra e se está xa establecido o trazado definitivo que van a ter; o igual que cándo iniciarán Fomento as negociacións oportunas para rescatar a concesión que ata o ano 2023 ten a multinacional Alcoa para así poder abrir ó tráfico comercial o dique norte do porto de San Cibrao. 

As medidas que pensa adoptar Fomento tendentes a reducir a alta siniestralidade que presenta o tramo da N-642 conocido como o Alto de Mañente, situado no concello de Foz, qué actuación levon a cabo ata o momento, se realizou algún estudio que determine a causa das constantes saídas de vía que se rexistran, ata cando está previsto manter o peche provisional do carril para vehículos lentos son algunhas das cuestión que plantexará Barreiro sobre este asunto.

O senador popular tamén interrogará ós responsables de Fomento sobre a nova ponte sobre o Miño, un compromiso recollido nun protocolo asinado co Concello de Lugo en outubro de 2004, fundamentalmente por a data de execución da obra e por si prevé manter o vial que enlazará con el a través do parque Marcos Cela.