Partido Popular de Lugo

DÚAS MOCIÓNS DO PP CAUSAN A RUPTURA DA DISCIPLINA DE VOTO DOS MEMBROS DO BIGOBERNO DA DEPUTACIÓN

Lugo, a 29 de abril de 2008.- O voceiro do Grupo Provincial Popular José Manuel Barreiro salientou hoxe ó remate do pleno da Deputación que “por primeira vez” fixéronse ostensibles as discrepancias existentes entre o equipo de goberno ó votar de xeito diferente dúas mocións presentadas polo seu grupo”.

Gracias a elo, as dúas mocións presentadas polos populares, ambas de gran transcendencia social, segundo recalcaron, pudieron saír adiante. 

José Manuel Barreiro criticou con dureza a actitude do PSOE no debate da primera das mocións sinaladas, a que facía referencia á que a Diputación instara á Consellería de Educación a paralizar a súa decisión de suprimir o primeiro ciclo da ESO en sete concellos da provincia.  

Así, segundo indicou, o PP enterouse no transcurso da segundo turno do voceiro socialista da presentación dunha enmenda de sustitución a esta moción. Un feito que presenta o agravante de que non foi o voceiro no uso da palabra, Antonio Gato, o que fixo mención a esta situación, senón o propio Presidente, que instou, de feito, o Sr. Gato a indicar a súa vontade de presentar a mencionada moción de sustitución. 

“É curioso que durante as intervencións do Sr. Gato non saira da súa boca a palabra enmenda e que, casualmente, sólo o Sr. Besteiro interpretase a súa intención de presentar unha enmenda. Apunte que o Sr. Gato non desaproveitou e, de feito, leu textualmente a enmenda de sustitución que levaba preparada”, puntualizou.

Ante este feito, xa de por si bastante irregular, redundouse no agravio cando o Presidente negouse a que o voceiro do Grupo Popular, José Manuel Barreiro, segundo el mesmo salientou, poidese facer uso da palabra para argumentar o seu posicionamento ó respecto. 

Caso contrario foi o acontecido coa enmenda de adicción presentada polo voceiro do BNG, Antón Veiga, que a anunciou durante a súa primeira intervención e sobre a que o PP puido explicar as razóns que o levaban a rexeitala.  

Para Barreiro, a diferencia de trato dada a unha enmenda e a outra é “de xulgado de guardia” e pon de manifesto que “o Presidente da Deputación non ten ningún interés en favorecer o debate dentro da institución e que o seu sentido da Democracia é moi partidista”. 

No que atinxe a esta moción sobre a ESO, foi aprobada cos votos a favor do BNG e o PP e a abstención do PSOE. 

No caso da moción na que o PP pedía que a Deputación instase a Consellería de Medio Rural a que manteña as fundacións comarcais e adscribir o seu persoal á Xunta, foi aprobada con votos do PP, os votos en contra do BNG e a abstención do PSOE. 

O voceiro popular manifestou asimesmo a súa satisfacción porque as dúas iniciativas presentadas polo PP foran aprobadas tendo en conta a gran relevancia social de ambas. José Manuel Barreiro congratulouse de que o seu grupo lograra, por exemplo, que o tema da ESO chegue á Consellería de Educación a través da Deputación de Lugo. A decisión de Educación causará un grave perxuizo a moitas familias e ós propios concellos afectados se non conseguimos que dé marcha atrás”, apuntillou.