Partido Popular de Lugo

O PP CRITICA QUE O PSOE, TRAS DECIDIR COMO PARTIDO ABANDOAR A MANCOMUNIDADE, PRENTENDA AGORA DIRIXIR O SEU FUNCIONAMENTO

Lugo, a 24 de abril de 2008.- O Partido Popular amosou hoxe a súa sorpresa polas declaracións realizadas onte por dous responsables do Partido Socialista sobre a Mancomunidade de Municipios da Mariña e polo feito de que quen as fixo, Luis Angel Lago e Lara Méndez, nin sequera sexan membros deste órgano supramunicipal, no que, dende o PP se califica coma un intento por dirixir dende a capital o que debe afrontarse dende A Mariña. 

Para o Secretario xeral do PP lucense José Manuel Balseiro é innesario crear a comisión que demandan os socialistas porque a propia Mancomunidad ten os órganos precisos para solventar calquer problema que poida xurdir. “Pero para poder abordar eses asuntos é condición indispensable”, recalca Balseiro, “formar parte da Mancomunidade e, como así consta nas actas, o PSOE decidiu abandonala, antepoñendo deste xeito os intereses partidistas ás propias corporacións municipais que os designaron e ós veciños ós que representan”. 

O líder popular tamén se amosou sorprendido porque os socialistas decatáranse agora, “despois de catro anos ostentando a presidencia da Mancomunidade”, de que sería convinte modificar os estatutos. “O PP está aberto a todo, como xa reiteradamente lle manifestou no su día, e asumirá calquer decisión que adopte o pleno ou os órganos rectores da Mancomunidade”, puntualizou. 

De calquera xeito Balseiro lembrou que o anterior presidente puido empezar por dar exemplo durante o seu mandato e, dado que tamén era alcalde de Foz, ceder entón un dos dous representantes que este concello tiña ó PP. “Agora o PP ten un representante por Foz pero teno porque os veciños reducíronlle de xeito notable ó PSOE o seu respaldo nas pasadas eleccións municipais”. 

O Secretario xeral dos populares lucenses aseguron descoñecer a que se refire Lara Méndez cando fala das prisas do PP por constituir este órgano supramunicipal, tendo en conta que as corporacións locais tomaron posesión o pasado mes de xuño e “o lóxico e obrigado sería que o daquela  presidente da Mancomunidade convocara inmediatamente a súa constitución pero tardou en facelo nada máis e nada menos que nove meses”. 

“Non se entende que despois desa demora e do suposto gran interese do Partido Socialista na Mancomunidade, decidiran abandonala e, o máis contradictorio, non como representantes dos concellos nese órgano, senón como partido”, engadiu.

O Secretario xeral dos populares lucenses insistiu tamén en que o proceso de constitución da Mancomunidade non é ilegal porque había maioría suficiente e invitou ó PSOE a recurrila si realmente cree que a situación é irregular. 

José Manuel Balseiro ironizou coa “xenerosidade” amosada dende o PSOE de non discutir sobre quen debe ostentar a presidencia. “O PP ten unha maioría aplastante como para poder designar non só ó presidente, tamén ó vicepresidente e ó tesoreiro, e aínda así, dado que entendemos que a Mancomunidade debe ser o máis participativa e representativa posible, cedemos a vicepresidencia primeira a un independente”, recalcou. 

O Secretario dos populares de Lugo recomendou ós representantes do PSOE que se “deixen de demagoxias” e que se incorporen de inmediato á Mancomunidade xa que, de non ser así, solicitaráselle ós concellos que nomeen a novos representates. 

“Nós estamos abertos a todo”, suliñou Balseiro. “Dixémoslle dende o principio que fixeran as propostas que consideraran oportunas e que éstas serían tratadas no pleno”, recalcou.