Partido Popular de Lugo

O GPPP PIDE CELERIDADE A GÓMEZ BESTEIRO NA APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS DESTE ANO

Lugo, a 25 de abril de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular pedíulle hoxe unha vez máis a José Ramón Gómez Besteiro “celeridade” para aprobar os orzamentos da Deputación para o presente ano 2008. Os populares consideran que a tardanza na presentación das contas por parte do bigoberno está a producir consecuencias graves ó paralizar o funcionamento da institución xa que os proxectos que se anuncian teñen que materializarse en partidas orzamentarias e en plans de acción concretos.

 

O GPPP lembra que o Presidente da Deputación asegurou que os orzamentos estarían listos no pasado mes de febreiro ou marzo. Un compromiso que, como tantos outros, incumpliu xa que no vindeiro pleno, o correspondete ó mes de abril, tampouco inclúe entre os puntos da orde do día este asunto. Dado que un dos socios de Goberno, o BNG, asegurou públicamente que as contas das súas áreas de influencia xa están establecidas, dende o PP non dubidan en responsabilizar ó PSOE da parálise na que se atopa a Deputación. Os populares consideran que Besteiro ten que asumir neste caso concreto dous problemas. Por un lado o máis que evidente encontronazo cos seus socios de goberno, que non perderon a oportunidade de desmarcarse de responsabilidades na demora da aprobación das contas para este ano. O que refrenda o que o PP ven denunciando repetidamente: na Deputación hai dous gobernos paralelos, cada un dos cales quere sacar a maior rendabilidade política posible aínda que sexa a costa de perxudicar ós cidadáns.

O segundo problema que ten que solventar Besteiro teno na súa propia casa: o reparto da asignación entre as áreas de competencia do grupo socialista. Ten que dirimir cánto lle corresponderá xestionar directamente a Martínez e cánto ó resto.