Partido Popular de Lugo

O GPPP CALIFICA DE FRAUDE A VISITA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN A MONFORTE

Lugo, a 23 de abril de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular asegurou hoxe que a visita do Presidente da Deputación a Monforte foi unha perda de tempo e demostra unha total ausencia de compromiso, xa que Besteiro non fixou prazos en ningunha das cuestións tratadas, non fixou calendarios, non marcou estratexias e menos aínda estableceu compromisos orzamentarios. “Foi un fraude”, asegura.

 

Para o PP, Besteiro ten que darse conta dunha vez por todas que é Presidente da Deputación, o que implica xestionar unha institución, é dicir, resolver os problemas que xurdan e nunca crealos nin aprazalos. “O que fai o Sr. Besteiro é mirar para outro lado”.

 

Segundo salientou o voceiro do GPPP José Manuel Barreiro “resolver os problemas é aportar solucións, temporalizalas, priorizalas e comprometer presupostos. Esto é algo que Besteiro, evidentemente, non está acostumado a facer; eso sí, xa comenzan a ser coñecidas as frases non hai presa, ou no horizonte de…”.

 

No asunto da comarcalización dos parques de bombeiros dende o PP recalcase que “Besteiro sabe que tén que resolver os casos de Monforte e Lugo, e ir a Monforte sen un compromiso, logo de dar de baixa un camión de bombeiros, aportado pola Deputación no seu día, e non contemplar a súa substitución é, cando menos, unha tomadura de pelo”.

 

No que se refire ó acceso ó polígono industrial de Monforte, cómpre tomar unha decisión canto antes para non paralizar máis ainda a actividade económica e, segundo indicou Barreiro, “non nos chega con decir que “no horizonte de 2008…” porque en 2008 xa estamos”.

 

Na opinión do voceiro do GPPP “a visita á cidade do Cabe forma parte dunha estratexia de dilación dos problemas reais que ten Monforte, impulsada polos socialistas locais, co beneplácito de Besteiro, para non beneficiar ó alcalde e á deputada provincial María José Vega. E mentres tanto, son os cidadáns de Monforte de da comarca os que pagan as neglixencias e a ausencia de traballo duns e doutros”.