Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR DI QUE A ELIMINACIÓN DO PRIMEIRO CICLO DA ESO É INXUTIFICADA E CONTRARIA Ó SENTIDO COMÚN

Lugo, a 14 de abril de 2008.- Os alcaldes e voceiros dos grupos municipais do PP dos sete concellos afectados pola supresión do primeiro ciclo da ESO anunciada pola Consellería de Educación (Portomarín, O Incio, Abadín, Samos, Triacastela, Baleira e Paradela) mantiveron esta mañá unha reunión con Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro, á que tamén asistiu o ex conselleiro de Educación Celso Currás e a diputada autonómica Manuela López Besteiro, para valorar as consecuencias que conlevará esta medida.

Os populares lembraron que cando se estableceu, hai una década, a implantación do novo sistema de Educación Secundaria, en aplicación da Logse (unha lei do Partido Socialista coa que o PP, recalcan, non estaba dacordo), tomouse a decisión de que os alumnos do primeiro ciclo da ESO poideran cursar os seus estudios no seu municipio de orixe, tendo en conta que nalgúns casos desprazalos ás cabeceiras de comarca, suporía que tiveran que percorrer ata 45 quilómetros. Queríase evitar asimesmo o desenraizamento dos nenos e contribuir a fixar a poboación no medio rural.

Dende o PP insisten en salientar que a decisión adoptada daquela foi consensuada cos pais e cos mestres e que, a tenor dos resultados, foi unha medida positiva.

Os responsables do Partido Popular manifestaron hoxe o seu estupor ante a pretensión do BNG de intentar xustificar a supresión do primeiro ciclo da ESO (unha decisión unilateral da Consellería de Educación, recalcan), dicindo que era unha medida prevista no seu día polo Goberno do PP.

O PP nega categóricamente esta acusación e sinala que a mellor mostra de que esta afirmación é falsa é que, a día de hoxe, están aínda en vigor os decretos nos que se establecen os centros de educación Primaria que impartirían o primeiro ciclo de Educación Secundaria Obligatoria.   

Pregúntase, de feito, por qué, despois de tres anos, o bigoberno pretende agora derogar esos decretos.

Os populares criticaron tamén que a Consellería de Educación tome esta decisión de xeito sorpresivo e sen xustificación e que a comunique ós centros educativos a través dunha chamada telefónica.

Ó entender do PP, os feitos do Goberno da Xunta contradicen unha vez máis ó seu suposto apoio ás comarcas do interior e pon de manifesto que o seu plan de reeequilibro existe únicamente sobre o papel, como xa o demostrou coa supresión da oficina agraria de O Incio, por poñer só un exemplo.

Lembran os populares que esta decisión, que xerou o rechazo frontal dos pais, non conta nin sequera co respaldo dos propios rexidores socialistas afectados, como é o caso de Portomarín, Samos e Triacastela, que públicamente xa se manifestaron a súa oposición. Un rechazo ó que tamén se sumou o socio de goberno dos socialistas na Xunta. Así, o BNG indicou que a eliminación do primeiro ciclo da ESO en sete municipios de Lugo vai en contra da súa política de defender e potenciar o medio rural.

Os responsables do PP aseguraron neste sentido a súa disposición de respaldar todas as medidas de protesta e presión que convoquen os pais dos alumnos afectados, cos que ademais pretenden manter reunións nos próximos días, ó tempo que mostraron a súa preocupación pola posición na que quedarán os profesores que tamén se verán perxudicados.

Anunciaron asimesmo que presentarán iniciativas en todas institucións encamiñadas a que esta decisión, que, segundo salientaron, vai en contra do sentido común, non se execute. Esta mañá de feito, o Grupo Parlamentario Popular presentou xa varias iniciativas nas que se piden explicacións ó respecto. Trátase, en concreto, dunha interpelación e dunha petición de comparecencia da conselleira de Educación. O PP tamén presentará unha moción na Deputación e non descarta facelo nos concellos.