Lugo, a 15 de abril de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular considera que a reunión mantida onte en Santiago entre os presidentes das Deputacións e o xefe do executivo galego Pérez Touriño non serviu para nada, xa que nela non se adoptou ningunha decisión que incida de maneira directa en beneficio dos cidadáns, como xa puxeron de manifesto os presidentes provinciais de Ourense e Pontevedra ó calificar a xunta de “mediática”.
Así, ó entender dos populares na hora escasa que durou a xuntanza poucas decisións, como así quedou patente, se poden adoptar. Segue sen haber concrecións sobre a rede de parques de bombeiros comarcais de Lugo, orzamentos asignados, prazos de redacción dos proxectos e posta en funcionamento como reiteradamente ven denunciando o GPPP dende o anuncio da sinatura do protocolo de intencións sobre este asunto.
Faise referencia ó horizonte de 2011, pero sin especificar nin adiantar nada, e anunciase a creación dunha mesa para reflexionar sobre a Lei de emerxencias. Razón pola que os populares pregúntanse qué se fixo sobre este asunto nos últimos seis meses, ademais dunha importante despliege mediático con alcaldes e conselleiro de Presidencia incluido, si agora hai que crear unha mesa para estudiar a aplicación da lei.
O GPPP recalca que tras o acontecido hai unhas semanas en Monforte, por exemplo, no que se puxo de manifesto as carencias deste servicio, resulta difícil de entender que se esté a perder o tempo desta maneira.
O mesmo acontece coa transferencia das estradas provinciais á Xunta, para a que tampouco se fai ningunha previsión sobre prazos e condicións do traspaso, e máis chamativo resulta o feito de que no que atinxe á mellora dos servicios de abastecemento de auga e xestión de residuos sólidos aínda esté pendente de valorar cómo se vai a establecer a colaboración entre Consellería de Medio Ambiente e Diputacións.
Para o GPPP este é outro exemplo máis dos actos protocolarios nos que o Presidente Gómez Besteiro adopta participar pero dos que nunca se desprende ningúnha xestión nin ningún avance nos temas importantes para a provincia de Lugo.