Xove, a 13 abril de 2008.- O Presidente Provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro asistiu hoxe en Xove a unha reunión da executiva local, que preside o tamén alcalde da localidade José Demetrio Salgueiro, para, ademais de valorar temas de actualidade do municipio e establecer as liñas de actuación do partido durante os vindeiros meses, valorar os resultados dos comicios dos pasado 9 de marzo.
Neste último aspecto, Barreiro destacou que o PP segue a ser a forza maioritaria no concello (logrou o 55,29 dos votos), cunha diferencia, ademais, moi salientable con respecto ó PSOE (superao en algo más de 25 puntos) e ó BNG (a diferencia con respecto ós nacionalistas sitúase no 43,5 por cento).
O líder provincial dos populares suliñou asimesmo que con respecto ás municipais do ano pasado, o PP mellorou os seus resultados en algo máis do 15 por cento.
No que atinxe á situación actual do municipio, José Manuel Barreiro fixo referencia á “deixadez” da Deputación no mantemento das estradas provincias. Así, lembrou que o Concello remitiu á Administración provincial un informe detallando o estado no que se atopaban os vías dos que é titular sen que, ata o momento, dera ningún tipo de contestación. “Non está previsto que a corto prazo, segundo a información da que dispón a Administración local, que se leve a cabo ningún tipo de reparación nestas estradas pese ó pésimo estado no que se atopan moitas delas”, explicou Barreiro, quen se comprometeu, na súa calidade de deputado provincial, de interesarse por este asunto no Pazo de San Marcos para demandar “unha urxente resposta as demandas formuladas dende a Alcaldía”.
O Presidente provincial tamén se referiu á “demora” da Xunta de Galicia en acometer o plan de saneamento integral do municipio para o que, segundo salientou, “o Concello leva varios meses agardando unha resposta”.
Neste senso, lembrou que o rexidor local, José Demetrio Salgueiro, plantexoulle o delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente a posibilidade de que o Concello se fixera cargo de parte do custo que conlevaría a execucións destas obras nun plan plurianual. “Unha proposta que non foi aceptada pese a que dotación deste tipo de servicios é prioritaria e unha demanda reiterada polos veciños”. “Unha vez máis”, engadiu Barreiro, “o bigoberno da Xunta fai oidos xordos ás peticións dos concellos”.
José Manuel Barreiro tamén valorou moi positivamente o feito de que PXOM esté moi avanzado, estase de feito, segundo ratificou o alcalde, incorporando os últimos datos ó texto definitivo, polo que, segundo as previsións do Goberno local, levarse a pleno para a súa aprobación inicial o vindeiro mes. O que significa que, de non haber ningún tipo de atranco, o plan estará vixente no prazo máximo dun ano.
Unha das principais ventaxas que presentará a entrada en vigor do citado plan será a habilitación de máis chan industrial. Deste xeito poderase, segundo recalcou o alcalde, ampliar o polígono industrial que neste intres está ó máximo de ocupación. “Poderemos así facilitar o asentamento de novas empresa coa conseguinte xeración de novos postos de traballo que nos permitirá estar máis preto dun dos nosos obxectivos prioritarios: lograr o pleno empleo”, explicou o rexidor local.
Tras a reunión da executiva na que, ademais de Barreiro e Salgueiro, participaron, entre outros, o secretario xeral do PP de Lugo José Manuel Balseiro e a senado María del Carmen Gueimunde, o Presidente provincial participou nun xantar con afliados e simpatizantes ó que asitiron ó redor de 500 persoas.