Monterroso, 3 de marzo de 2008.- José Rojo, voceiro do grupo municipal popular en Monterroso, foi encargado de abrir o mitin celebrado esta tarde no centro sociocultural, asegurando que “ó despilfarro que se está acometendo no noso Concello é só unha mostra da mala xestión xeral do Partido Socialista”. Rojo preguntouse cómo era posible que en Monterroso, un concello de pouco máis de 4.000 habitantes, haxa dous concelleiros de obras con adicación exclusiva, ó tempo que asegurou que o alcalde “ten demasiadas ocupacións como para ter ben atendido o noso concello” e para apoiar as reivindicacións en infraestructuras feitas polo PP.
“Propuxemos a posta en marcha dunha Vía de Alta Capacidade do Marco a Monterroso e de Monterroso a Rodeiro, e outra desde Parga, pasando por Friol, Palas de Rei, Monterroso, Taboada, Rubián e que chegara incluso ó Incio. Propuxemos ademáis que se instara ó Goberno galego a por en marcha o polígono industrial da vila, un polígono que xa antes das eleccións municipais ía estar funcionando, segundo as promesas do Sr. Gato. Á vista de todos está a situación do polígono, que ten máis carreiras de coches ca empresas”, explicou.
Para Rojo, o futuro de Monterroso pasa por contar cunhas boas vías de comunicación “para que as empresas se instalen aquí, para atraer iniciativas que xeren emprego e riqueza pero a Antonio Gato escápanselle as empresas, porque non sabe como hai que tratalas, non sabe ofrecerlles as infraestructuras que necesitan nin oílas para saber as súas demandas”.
LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.- Raquel Arias, número dous da lista popular ó Congreso por Lugo, centrou o seu discurso nas propostas que para a muller e a familia inclúe o programa electoral do Partido Popular. Así, recalcou que 38.000 mulleres traballadoras lucenses beneficiaranse da deducación fiscal de mil euros; que se garantizará, por lei, o dereito a unha praza de gardería para os nenos menores de tres anos e que se ampliarán en dúas semanas máis os permisos de maternidade e paternidade.
Raquel Arias, número dous da lista popular ó Congreso por Lugo, centrou o seu discurso nas propostas que para a muller e a familia inclúe o programa electoral do Partido Popular. Así, recalcou que 38.000 mulleres traballadoras lucenses beneficiaranse da deducación fiscal de mil euros; que se garantizará, por lei, o dereito a unha praza de gardería para os nenos menores de tres anos e que se ampliarán en dúas semanas máis os permisos de maternidade e paternidade.
A candidata ó Congreso fixo fincapé en que o PP “loitará” contra a violencia de xénero para o que poñeranse en marcha os diagnósticos de risco e os plans personalizados de seguridade das víctimas da violencia de xénero; reforzarase a Lei de Enxuiciamento Criminal para que o quebrantamento dunha orde de afastamento sexa xuzgado a través dun xuizo rápido e incrementarase o número de xuzgados especializados en violencia de xénero.
OS VOTANTES MÁIS FIEIS, OS DO PARTIDO POPULAR.- O candidato ó Senado José Manuel Barreiro asegurou que, ó contrario do que acontence con outras forzas políticas, “os que votan ó Partido Popular non se teñen que arrepentir despois, porque os compromisos do PP convértense en feitos”. “Por esa razón”, engadiu, “o PP é o partido que ten os votantes más fieis e por eso na provincia de Lugo as enquisas dannos bos resultados, incluso mellores que nos comicios de hai catro anos”.
Barreiro lembrou “a longa lista de incumprimentos” do cabeza dos socialistas lucenses, José Blanco, aínda que facendo especial énfase na A-54 (Lugo-Santiago), “que tiña que estar rematada no 2008-2010, pero da que acaba de licitarse o pasado venres, en plena campaña electoral, o primeiro tramo e, por riba, cun prazo de execución de nada menos que de 22 meses”; ou A-56 (Lugo-Ourense), tamén prevista para o 2008-2010, “da que só está licitada, dende o pasado 23 de febreiro, por certo, un tramo de pouco máis de oito quilómetros e que ten un plazo de execución de 40 meses. O que deixa claro a pouca vontade política que teñen os socialistas de facer estas autovías”.
“Estes son os feitos, pero o Sr. Blanco ten tanta cara que segue a decir que a súa palabra é lei. Pero, como aconteceu cando nas pasadas municipais prometeu unha empresa con 200 postos de traballo no seu concello, Palas de Rei, ou con todas as obras en infraestructuras que prometeu hai catro anos, a día de hoxe, non hai nada de nada”.
O Partido Popular, pola contra, ten, segundo recalcou Barreiro, uns principios cos que é consecuente, e non fai nunca un dobre xogo e promete unhas cousas e logo desdícese ou, simplemente non as fai e non da explicacións de por qué non as fixo. “O PP non vota en Galicia a favor de impulsar as infraestructuras e logo vota no Congreso dos Deputados en contra das mesmas mocións, como sí fixo o PSOE; e o PP non vota en Galicia a favor das infraestructuras e logo vota a favor de Magdalena Álvarez, como sí fixo o BNG”, asegurou.
O candidato ó Senado lembrou que, durante estes catro anos, “cando o Goberno de Zapatero e de José Blanco tivo que escoller para acometer algún proxecto ou infraestructura, nunca se decantou por Galicia”. Por esta razón, amosouse convencido de que “agora, que os que deciden son os cidadáns, entre ZP e Rajoy, van escoller Galicia, é dicir, a Mariano Rajoy”.
“Ó longo destes catro anos, o PSOE só aportou retrasos e incumplimientos na xestión das infraestructuras en España. No caso de Lugo, a realidade é ainda máis sangrante gracias a nula xestión de José Blanco que promete e promete pero despois nunca cumpre. Pero os do PP somos distintos e nós asumimos como primeira prioridade recuperar o tempo perdido e adiantar en cinco anos, no horizonte do 2015, o programa de infraestructuras, fundamentalmente, no que ó ámbito de estrada e ferrocarriles se refire”.