Partido Popular de Lugo

BARREIRO REITERON HOXE EN CHANTADA O COMPROMISO DO PARTIDO POPULAR CO SECTOR VITIVINÍCOLA

Chantada, 2 de marzo de 2008.- Os candidatos do Partido Popular participaron esta mañá en varios repartos de propaganda electoral. O candidato o Senado, José Manuel Barreiro, achegouse primeiro pola Feira de Rábade para logo sumarse ós repartos que os candidatos ó Congreso, Joaquín García Díez, e Raquel Arias fixeron na feira do viño de Chantada.

O Partido Popular, segundo asegurou José Manuel Barreiro esta mañá en Chantada, está disposto a apoiar a adegueiros e viticultores na defensa dos seus intereses e en establecer medidas para compensar os perxuizos que causará a entrada en vigor da OCM do viño.

“Uns perxuizos que poñen de manifesto que o Goberno de Zapatero e, en contracto, unha ministra galega, non defendeu en Europa a Galicia e, máis concretarmente, a Denominación de Orixe Ribeira Sacra, xa que a aplicación da OCM suporá que este sector teña unhas perdas de máis de 13 millóns de euros no que atinxe só á depreciación dos dereitos históricos e das fortes inversións que se fixeron estes anos en novas plantacións, ós que habería que engadir o previsible descenso no prezo da uva”.

Barreiro lembrou que a este problema hai que sumarlle o derivado do novo sistema de etiquetaxe, que pode xerar confusión entre os consumidores á hora de diferenciar un viño de mesa dun caldo amparado pola denominación de orixe. 

O candidato ó Senado por Lugo recalcou que o Goberno de Rajoy priorizará a adopción de medidas compensatorias para a Ribeira Sacra. Entre elas, axudas para facer fronte ós gastos adicionais xerados polo mantemento da paisaxe cultural e a renda perdida por este concepto; para a incorporación de xóvenes a este sector; para o relevo xeracional, para a reestructuración de viñedos en parcelas pequenas e para mellorar a comercialización, entre outras actuacións relacionadas máis directamente coa protección do medio ambiente.

XUNTANZA EN GUITIRIZ.- Pola tarde, os candidatos ó Senado José Manuel Barreiro e Armando Castosa estiveron en Guitiriz participando nunha reunión de traballo con simpatizantes.

Logo dun xantar con afiliados, tocou tarde de mitíns. Ata a Pastoriza e Mondoñedo achegouse o candidato ó Senado José Manuel Barreiro, mentres que en Lugo houbo mitin da zona rural no restaurante La Palloza no que interviú o candidato ó Congreso Joaquín García Díez.