Partido Popular de Lugo

BARREIRO ASEGURA QUE O PARTIDO POPULAR REFORMARÁ A FORMACIÓN NAUTICO-PESQUEIRA

Burela-Foz, 4 de marzo de 2008.- Os candidato ó Senado José Manuel Barreiro e María del Carmen Gueimunde participaron hoxe, xunto con cargos locais, o secretario xeral do PP de Lugo José Manuel Balseiro e o voceiro do Grupo Parlamentario Popular Manuel Ruiz Rivas, en sendos mítines en Burela e Foz nos que a “grave crise” do sector pesqueiro centrou boa parte das intervencións.

Así, o secretario xeral do PP de Lugo e voceiro desta materia no Parlamento galego, José Manuel Balseiro, criticou a pasividade do Goberno central cos problemas do sector pesqueiro (burocráticos, de cuotas pesqueiras, de renovación de acordos con outros países, caída de prezos do bonito e a pescada …) para os que en ningún momento se preocupou de buscar solucións. 

Balseiro recalcou que “a falla de sensibilidade” do Goberno central podía tamén extrapolarse á Xunta. “Nin os socialistas de Madrid nin os de Galicia loitan polos armadores e pescadores. Máis ben ó contrario, parece non importarlles a situación na que se atopa un sector básico para o desenvolvemento económico da nosa comarca en particular e de Galicia en xeral ”.

José Manuel Barreiro, pola súa banda, lembrou que “o 90 por cento da flota  aínda non cobrou as axudas comprometidas polo Goberno central para compensar a suba do gasoleo dos anos 2004 e 2005” e, que dende o 2005, segundo recalcou, “o prezo do combustible incrementouse un 137 por cento”.  

Barreiro referiuse tamén ás propostas que o PP fai en materia de pesca facendo especial fincapé na reforma integral do sistema formativo actual, que permitirá superar os problemas de titulados existente. “É unha reforma obrigada e urxente dado que está rexida por unha orde de hai 40 anos e xa é hora de adaptala ós novos tempos” .

O establecemento de axudas para compensar a suba do precio do gasoleo e a seguridade dos mariñeiros e das costas, asegurando a máxima coordinación entre as administracións estatal e autonómica, foron outros dos compromisos do PP ós que se referiu Barreiro.

O candidato ó Senado fixo lembrou asimesmo que en catro anos os socialistas non foron capaces de adiantar nada no tramo estatal do corredor San Ciprián-Barreiros. “Por non haber, non hai nin estudio informativo e eso pese a que o PP deixou unha consignación orzamentaria para facelo”.

MÁIS PROMESAS DE BLANCO.- Durante a xuntanza que posteriormente mantivo con afiliados e simpatizantes en Barreiros, Jose Manuel Barreiro ironizou co “compromiso publicitado” que realizou o cabeza de lista do Partido Socialista por Lugo José Blanco sobre o pago das expropiacións das fincas afectadas polo trazado da A-8.

 

“Descoñecía que o Sr. Blanco tivera responsabilidades no Ministerio de Facenda ou no de Fomento, e penso que non é quén de asegurar eses pagos que, en definitiva, son actos administrativos. De calquera xeito, de producirse, será unha boa noticia, porque os afectados levan xa moito tempo agardando por eles, pero desgraciadamente témome que neste caso, como en outros moitos, a palabra do Sr. Blanco, por moito que se empeñe en dicir que vale máis ca de calquera ministro, non é garantía de nada”. 

José Manuel Barreiro tamén aproveitou hoxe, antes de incorporarse ós actos electorais programados na Mariña, para manter un encontro con afiliados e simpatizantes en Riotorto.