Partido Popular de Lugo

“OS DO PARTIDO POPULAR, Ó CONTRARIO QUE OUTROS, NON TEMOS QUE MENTIR NIN INVETAR NADA”, ASEGURA BARREIRO

A Pastoriza- Mondoñedo-Lugo, 2 de marzo de 2008.- No mitin que se celebrou na Pastoriza, o candidato ó Senado José Manuel Barreiro referiuse ás dificultades que sufren as explotacións lácteas por mor da baixada que se espera do prezo do leite. Esta situación, unida ó incremento do custe de producción, a suba dos cereais para alimentar o gado e ós incrementos dos prezos dos fertilizantes e do gasoleo agrícola, están a por en perigo moitas economías familiares da zona.

O lider popular mostrouse optimista e “moi confiado” cos resultados das eleccións. “As expectativas son moi boas e estou convencido de que, co voso apoio, Rajoy será presidente”. Neste senso recalcou que “estas eleccións son moi importantes porque no programa do Partido Popular, o que se aplicará a partir do 9 de marzo, establécense medidas concretas para axudar os sectores de pobación esquecidos polos socialistas: agricultores, gandeiros, xóvenes, pensionistas, viuvas…”

 “Chantaxes indignas dun político”.- O candidato popular ó Senado salientou durante a súa intervención no mitin de Mondoñedo que “o equipo de xente que defendemos na provincia as siglas do PP, mamamos o municipalismo e sabemos de que vai esto”, engadiu, ó tempo que recalcou que “os do PP no temos que mentir nin que inventar nada. Outros son os que utilizan panfletos propagandísticos nos que, sin poñerse colorados, teñen o atrevemento de decir  que Lugo é a provincia mellor conectada por autovía”.

“Pensan”, engadiu, “que os lucenses non nos damos conta de que os únicos tramos que licitaron (en clara referencia ó primeiro tramo da autovía Lugo-Santiago), foi estes días, en plena campaña electoral, e cando, si as cousas foran como tiñan que ser, toda a autovía debían estar xa prácticamente rematada”.

Pero o máis grave é, ó seu entender, que no caso daquelas autovías que nin sequera licitaron, “pero que tamén prometeron hai catro anos”, como é o caso da de Ponferrada-Monforte, agora José Blanco condicione a súa execución a que o PSOE gañe as eleccións. “Ésta chantaxe é indigna dun político”, asegurou Barreiro.

 

MITIN EN LUGO.- O cabeza de lista ó Congreso pediu esta noite, nun mitin que se denvolveu na Palloza, con simpatizantes da zona rural, o voto para o Partido Popular e amosou o seu convencemento de que “Rajoy, ó igual que fixemos aquí en Lugo, é capaz de chamar ó PSOE para pactar temas de estado: educación, política exterior, educación … Mariano é capaz de gobernar en minoría sempre coa mirada posta nun futuro mellor”. A xuixo do candidato popular esta forma de actuar “debería abundar na vida política”.

 

A outra alternativa a Rajoy, puntualizou, é o goberno de Zapatero, “que exclúe sistemáticamente, ó apoiarse nas minorías,  ós 11 millóns de españoles que votaron ó PP”.

O candidato ó Congreso lembrou as dificultades do Partido Popular durante estes catro anos,  “tivemos que aguantar e ainda hoxe aguantamos, insultos gratuítos de altos cargos socialistas”. García Díez, considera que a estratexia do PSOE de tensionar e de crispar nesta lexislatura  propiciou situacións impensables  “cando se chega ó extremo de que te negan o  saudarte porque non es do seu partido é que algo está pasando. Creo que o PSOE debería facer unha autocrítica e responder porque non aprenderon nesta lexislatura a tolerar a crítica”.

Dobres incumprimentos.- O candidato popular afirmou que   os compañeiros de candidatura de José Blanco se lles pegou a aficción de prometer e esaxerar, dende logo tiveron un bo mestre”, subliñou. “Pero quero que teñades claro que co PSOE en Madrid para Lugo só imos ter dobres incumprimentos, o das dúas pontes e os dous AVES dos que fala a nº2 da candidatura, nin o soñedes”. Está claro que ante a falta de autocrítica o PSOE duplica as súas promesas.

Por último, García Díez animou ós militantes e simpatizantes a traballar ata que termine o partido “pode pasar de todo. Hai que sudar a camiseta ata o final do partido”, puntualizou.

O candidato ó Congreso tamén fixo un chamamento á participación nestes comicios “non me vale a indiferencia , quen non vota logo non ten dereito a queixarse”.