Partido Popular de Lugo

O PP EVITARÁ QUE OS LUCENSES TEÑAN QUE GASTAR 303 EUROS Ó ANO POLO CANON DIXITAL

Lugo, 1 de marzo de 2008.- Os candidatos ó Congreso e o Senado do Partido Popular, Joaquín García Díez e José Manuel Barreiro presentaron, esta mañá, algunhas das propostas específicas para mellorar  á calidade de vida da xente moza. Durante o almorzo, cunha trintena de rapaces, os candidatos contestaron as dúbidas que tiñan sobor distintas medidas que presenta o Partido Popular.

 

Barreiro explicou   que aqueles que gañen menos de 16.000 euros non terán que facer a declaración para ter máis diñeiro no peto e afrontar os gastos. O candidato ó Senado aproveitaba para  criticar unha das medidas anunciada polo PSOE “os 400 euros que promete ZP tamén llos van dar a Amancio Ortega, ¿eso é ser progresista?”, se preguntaba unha das mozas que asistía ó coloquio comentaba que coa medida que presentaba o PP podería pagarse este ano as vacacións.

Aparte das cuestións económicas outor  dos asuntos que centrou este coloquio foi a promesa de Rajoy de eliminar o canon dixital, que afecta especialmente ó peto dunha xeración que consume moitos productos deste tipo (discos duros, mp3, mp4, PDAs, teléfonos móviles) e que ten un poder adquistivo medio ou baixo. A xuizo do candidato ó Congreso, Joaquín García Díez, o canon dixital é un imposto revolucionario promovido por Zapatero para financiar a artistas millonarios que apoiaron a súa campaña a cambio de resentir o bolsillo dos cidadáns, especialmente dos máis novos. “Rajoy non permitirá que cada mozo se vexa obrigado a pagar unha media de 303 euros anuais polo canon”.

García Díez  reiterou o compromiso de Rajoy de crear unha Axencia da Propiedade Intelectual coa idea de buscar a conciliación dos dereitos dos autores co dos fabricantes e os dos usuarios sen criminalizar a estes últimos.

Os candidatos, a preguntas dos rapaces explicaron,  as principais medidas que o PP propón para dar unha solución á problemática da vivenda, o emprego ou da conciliación da vida familiar: “Unha parella nova na que os dous traballan pouco lles solucionan as axudas puntuais de 2.500 euros se non ven apoiada por medidas que faciliten a conciliación da vida familiar e laboral. Rajoy propón que todos os cativos que o precisen teñan unha praza de gardería así se aumentarán a 400.000 as prazas públicas nas escolas infantís de 0 a 3 anos”, puntualizou García Díez.

Por último os candidatos populares explicaron tamén as distintas medidas para o fomento do deporte a idades tempranas. Como exemplo referíronse ó programa nacional de talentos para detectar nos propios centros escolares os deportistas con capacidade por destacar en calquera disciplina.

García Díez cerrou o coloquio afirmando “ZP falloulles a moitos dos que confiaron nel, Rajoy, un galego como nós, non vos  vai fallar”.