Partido Popular de Lugo

PRETO DE 70.000 EMPRESAS LUCENSES BENEFICIARANSE COAS PROPOSTAS FISCAIS QUE O PARTIDO POPULAR PRESENTOU HOXE EN BURELA

Burela, 29 de febreiro de 2008.- Os candidatos ó Senado José Manuel Barreiro e María del Carmen Gueimunde e ó Congreso Joaquín García, acompañados doutros cargos electos locais e comarcais, mantiveron hoxe unha xuntanza con empresarios e comerciantes e armadores en Burela para coñecer de primeira man as necesidades destes sectores e presentar as propostas que o Partido Popular inclúe no seu programa electoral para eles.

Os candidatos do Partido Popular ó Senado e ó Congreso explicaron os representates empresariais e comerciais que asistiron á reunión as propostas incluidas no seu programa electoral e especialmente dirixidas a favorecer a súa actividade. Entre elas cabe destacar que 24.600 empresas lucenses terán unha rebaixa fiscal de cinco puntos no imposto de sociedades e 42.000 autónomos beneficiaranse das medidas tributarias, fiscais e de Seguridade Social.

REUNIÓN ARMADORES.- Na reunión con armadores da Mariña os candidatos populares, que estiveron acompañados, entre outros, polo Secretario Xeral do PP de Lugo e voceiro de Pesca do Grupo popular no Parlamento galego José Manuel Balseiro, lamentaron a pasividade do Goberno central co sector.

Para o candidato ó Congreso, Joaquín García Díez, “Hoxe se está pescando máis nos despachos que nos caladoiros. Hai moitos problemas burocráticos, problemas de cuotas pesqueiras, de renovación de acordos con outros países, de control de pesca ilegal, de ter que demostrar moitas veces o posicionamento dun barco ás autoridades de terceiros países ou comunitarias, de prezos que están ser cada día menos rendibles para os armadores”

Para o candidato ó Congreso, Joaquín García Díez, “Hoxe se está pescando máis nos despachos que nos caladoiros. Hai moitos problemas burocráticos, problemas de cuotas pesqueiras, de renovación de acordos con outros países, de control de pesca ilegal, de ter que demostrar moitas veces o posicionamento dun barco ás autoridades de terceiros países ou comunitarias, de prezos que están ser cada día menos rendibles para os armadores”

O candidato ó Senado, José Manuel Barreiro, lamentou a pasividade do Goberno central ante a caída de prezos tanto do bonito como da pescada é dixo que o obxectivo  prioritario do PP é garantir  a estabilidade da renda dos mariñeiros e a súa pervivencia económica.  “Os prezos hoxe non están sendo rendibles, cada vez hai menos armadores, se queixan de que venden o peixe a prezos de hai dez e quince anos mentres que os custes de explotación experimentan incrementos que fae que a conta de resultados sexa desfavorable”.

O candidato ó Congreso, Joaquín García Díez, explicou durante a reunión con armadores o seu traballo como voceiro de pesca durante estes catro anos no Grupo Parlamentario Popular.

García Díez destacou que foi o PP quen exerceu maior control e presentou un maior número de iniciativas a favor do sector pesqueiro “presentamos máis de 24 solicitudes de comparecencia da Ministra e debatimos máis de 30 proposicións non de lei  a maioría delas foron rexeitadas polo PSOE”. O candidato ó Congreso citou a modo de exemplo a iniciativa para promocionar o  consumo do bonito do norte ou á da creación dun fondo de garantía para o gasóleo profesional pesqueiro ou a mellora de condicións laborais de xubilación de todos os traballadores do mar, así como a petición para implantación de sistemas de seguridade na flota pesqueira que de terse levado a cabo evitarían as tráxicas mortes que estes días estamos vivindo no sector pesqueiro.

Para os candidatos populares ó Congreso e ó Senado  esta carteira de iniciativas demostra ás claras quen traballa de verdade polo sector pesqueiro e quen se dedica só a realizar anuncios para despois votar en contra de iniciativas que o sector reclama insistentemente.