Partido Popular de Lugo

O PP TACHA A BLANCO DE MAL PAGADOR POR AMENAZAR CON QUE, SE O PSOE NON GAÑA AS ELECCIONS, MONFORTE NON TERÁ AUTOVÍA

Monforte, 28 de febrero de 2008.- O secretario xeral do PP de Lugo José Manuel Balseiro calificou hoxe en Monforte de “mal pagador” o número 1 dos socialistas ó Congreso, José Blanco, por “amenazar” con que, se Zapatero no continúa catro anos máis na Moncloa, non haberá autovía Ponferrada-Monforte.

 

“Ese é o método habitual do Sr. Blanco, condicionar as promesas electorais ós resultados obtidos nas furnas. Xa o fixo nas municipais no seu pobo natal, Palas de Rei, cando dixo que se instalaría no municipio unha empresa que xeraría 200 postos de traballo, pero da que ainda non se sabe nada. E cando lle preguntaron por ese asunto, constetou, sin ruborizarse, que esa era unha promesa condicionada a que o PSOE gañara as eleccións en Palas. Como gañou o Partido Popular, non hai empresa. E agora repite o conto en Monforte coa A-76”, explicou Balseiro.

 

“É unha lástima”, engadiu o líder popular, “que non aproveitara estes catro anos para cumplir a promesa que fixo en Monforte no 2004 de que nos orzamentos do 2005 xa habería cartos para a autovía Ponferrada-Monforte. É unha lástima que nestes catro anos o PSOE deixaran de investir en Lugo os 1.044 millóns de euros que o PP tiña comprometidos para as autovías e agora pretenda convencernos cos 700 millóns que di, agora, que adicará a estas infraestructuras os vindeiros catro anos”

 

Balseiro tamén tachou a José Blanco de “mal pagador” ó tratar de xustificar o manifesto incumplimento dos prazos por parte do Goberno socialista; “dicir que a envergadura da obra obriga a seguir un proceso longo é escandaloso, lástima que non tivera eso en mente canto prometeu as cousas que non cumpriu. O que demostra o Sr. Blanco con estas declaracións é que el non é garantía de nada, nin en Monforte nin no resto da provincia de Lugo”.

 

“José Blanco non gañou nunca unhas eleccións en Palas de Rei e tampouco nunca gañou na provincia de Lugo, e pode que eso lle doia, pero é consecuencia directa de que a súa palabra non vale nada”, engadiu.

 

José Manuel Balseiro tamén se referiu ó pintoresco que resulta a contradicción dos discursos do deputado José Tomé e o do candidato ó Congreso José Blanco ó referirse ó Partido Popular. “Tomé dice que hai que agradecerlle a Blanco que Cacharro se marchara da Deputación e a renglón seguido Blanco convertese no maior defensor de Cacharro. Os socialistas deberían preocuparse de facer un discurso coherente e, sobre todo, de solucionar os problemas dos lucenses”.