Lugo, 1 de marzo de 2008.- O candidato ó Congreso, Joaquín García Díez, está convencido de que se abre unha nova etapa para Lugo. No mitin que esta tarde se celebrou no Colexio Paradai dixo claramente “hoxe comenza o mes da ilusión. Estamos en marzo, mes das elecciones máis importantes da democracia na que se presentan dúas opcións ós lucenses: seguir, con Zapatero, cara a deriva ou incorporarse ó rumbo da normalidade e o progreso que representa Rajoy”.
O candidato ó Congreso lembrou como a única enquisa válida será a do próximo día nove e xa anunciou que na recta final desta campaña póra todo o seu empeño en transmitir a ilusión do proxecto do Partido Popular, do mesmo xeito avanzou que recordará que “foron outros, e non o Partido Popular, quenes incumpriron e faltaron as súas promesas electorais con Lugo”.
Durante a súa intervención García Díez lembrou como os gobernos do Partido Popular foron capaces de mellorar situacións económicas herdadas con quebras na Seguridade social e con programas de infraestructuras que non contemplaban o tren de alta velocidade na provincia.
García Díez rematou a súa intervención afirmando que os políticos que perderon a súa credibilidade ante os lucenses, como o candidato socialista pola provincia de Lugo, José Blanco, “non están facultados moral nin políticamente para asumir novos compromisos”.
O candidato ó Senado, José Manuel Barreiro, fixo un percorrido por Monterroso, Folgoso, Ribas de Sil e Quiroga. Nas reunións con afiliados e simpatizantes o candidato ó Senado puxo en cuestión o traballo do PSOE con esta zona “hai unha a desidia e abandono total por parte do Goberno. A velocidade de cruceiro e a vertebración da Galicia interior que prometeron é un conto”.