Partido Popular de Lugo

O GPPP AFIRMA QUE EN ALOMENOS CINCO CONCELLOS SOCIALISTAS INVESTÍRONSE MÁIS DE 55.000 EUROS EN ARRANXOS DE CAMIÑOS PRIVADOS

Lugo, a 27 de febreiro de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular puxo hoxe de manifesto en rolda de prensa que cinco concellos socialistas recibiron da Deputación uns investimentos por importe de preto de 60.000 euros, exactamente 55.566’40€, para arranxo de camiños, en moitos casos vías de acceso de carácter privado.

 

O voceiro adxunto do Grupo Provincial, José María González Barcia,  considera que a Deputación está discriminando ós veciños da provincia. “É o caso de Navia de Suarna,  onde ainda non se comenzaron as obras de arranxo da estrada con Fonsagrada; pero tamén é o caso dos demais concellos, que ven como esta política clientelar e caciquil, como diría Martínez, se está impoñendo na Deputación”, explicou.

Barcia fixo públicos os investimentos nos concellos indicados, que están reflexados en documentación oficial da propia Deputación:

 

No Concello de Becerreá, as obras fixéronse ó remate do verán de 2007, e o investimento foi de 2.134’62€.

 

No Concello de Láncara, os bacheados supuxeron 13.749’36€.

Chantada tivo un inversión en baches e riego asfáltico de 6.041’61€.

 

Cervantes, concello da Montaña, 8.358’31€. 

 

E Sarria, que “sempre está ó quite”, tivo riego asfáltico por valor de 25.282’50€.

 

Destes gastos, a maioría foron investidos en rego asfáltico e unha pequena parte en material de canteira.

 

Estes catro últimos concellos fixeron as obras a cabalo entre o verán e o outono de 2007. Segundo Barcia, os seus alcaldes están na órbita de Martínez. Estes casos, documentados, súmanse ós de Pol, Viveiro e Foz, todos eles gobernados por socialistas.

 

Para o voceiro adxunto do Grupo Provincial, estas obras foron feitas sen ningunha planificación: o único criterio que se seguiu foi o de Martínez, e o do alcalde de turno; non se fixo ningún estudio riguroso, non se fixo ningunha planificación. A única planificación que se fixo foi cumplir con afiliados e votantes socialistas, usando a maquinaria da Deputación, que é propiedade de todos os cidadáns desta provincia, dun xeito clientelar, e actuando ó xeito caciquil máis propio do século XIX.

 

“Esta situación está comandada por Martínez, sen contar para nada co presidente da Deputación. Polo tanto, é o propio presidente quen debe tomar cartas no asunto, pero dunha vez por todas, porque se lle van indo das mans unha serie de cousas que ó final non vai poder controlar: o equilibrio de poder dentro dos socialistas na Deputación está causando graves problemas dentro do propio grupo, e polo tanto dentro do goberno da Deputación”, asegurou Barcia.