Lugo, 28 de febreiro de 2008.- Os candidatos ó Congreso e o Senado, Joaquín García Díez e José Manuel Barreiro, durante o mitin celebrado hoxe en Lugo no colexio Menéndez Pelayo, pediron ó PSOE que faga un exercicio de autocrítica e recoñezan que, nesta lexistura, traballaron pouco para Lugo. Os populares consideran que si un partido se valora pola súa credibilidade, o PSOE en Lugo ten un cero.
O candidato ó Congreso amosou o seu convencemento de que “a mellor e a maior forza que teñen os lucenses en Madrid é confiar nun galego de nacemento, preparado, capacitado e con palabra que conta cun equipo de persoas que defenden, cada un dende a súa provincia, na que residen, aquelas melloras que se necesitan”.
García Díez critica que o PSOE continue coa súa política de enganos e que poña riba da mesa prazos imposibles de cumprir en infraestructuras. O candidato ó Congreso recrimínalle a José Blanco que insista en que Lugo terá AVE en 2012, cando dende a Xunta, unha compañeira de Partido, María José Caride, recoñece que non estará listo ata o ano 2020.
“Que non nos veñan a ofrecer en Lugo dobres pontes e AVES, primeiro queremos ver mellorados os servizos ferroviarios que temos”, explicou.
O candidato popular tamén criticou o dobre xogo dos nacionalistas que presumen de coherencia mentres que votan en Madrid diferente que aquí. “Deixense de palabras e propaganda, queremos ver os feitos”.
García Díez pregúntase se o PSOE vai seguir as directrices de Llamazares para que no Congreso se asine un acordo que deixe fóra ó Partido Popular, “con Rajoy na Moncloa teremos un Goberno que vai chamar ó consenso”.
O candidato ó Senado José Manuel Barreiro referiunse ó, segundo el, “o maior incumplidor con esta provincia: José Blanco”. Barreiro preguntase se o PSOE está contento coas infraestructuras da provincia.
“Prometeu moitas cousas: o Cetal, o de Rozas, as autovías, o AVE, a ponte…, pero, catro anos despois, non hai nada de nada. Agora dinos que na vindeira lexislatura, que el é a mellor garantía para acadar todas estas cousas, pero non o é. A súa palabra xa non vale nada”, engadiu.
O candidato popular referiuse o pouco “peso político” de Blanco no seu partido: a sede da Confederación Hidrográfica do Miño vaise para Ourense e agora condiciona a realización da autovía Ponferrada-Monforte a que o PSOE volte a gañar as eleccións.
Lamentou que o Goberno de Zapatero fose incapaz de iniciar as obras dun só quilómetro das autovías interiores e que en Lugo tan só puxeron en servizo 21 quilómetros de autovía que, curiosamente, corresponde ós dous tramos da Autovía do Cantábrico comprometidos no ano 2003 polo Goberno do PP.
Por último o candidato ó Senado dixo que “a enquisa real será o día 9” e amosou o seu convencemento de que unha forza, como o Partido Popular, que ten en Lugo 12.000 afiliados, é posible gañar estas eleccións. “Non hai ningún partido que se poida achegar en compromiso, calidade, entrega e ilusión a nós”.