Monforte, 26 de febreiro de 2008.- A candidata ó Congreso Raquel Arias comprometeuse en Monforte a defender os intereses da Zona Sur da provincia de Lugo en Madrid , “con humildade, honestidade, traballo, ilusión e esperanza”, e a promover un gran pacto polo desenvolvemento desta zona, “un pacto polo emprego, polos servicios, polas comunicacións, un pacto polo futuro”.
Con este obxectivo, Raquel Arias reunirase cos actores socioeconómicos e cos líderes de tódolos partidos para “xuntos consensuar un plan de desenvolvemento que, en nome de todos vostesdes, de todos eles, de todos nós, defenderei en Madrid”. Tamén se comprometeu a crear unha oficiña do deputado, aberta a todos os veciños, para que teñan un local de referencia “para plantexar calquera dúbida ou inquedanza”.
O tamén candidato ó Congreso, Joaquín García, dixo que o PP loitará polo AVE pero que non desatenderá os transporte ferroviario tradicional que “está totalmente abandonado”.
O número 1 ó Congreso dos populares por Lugo engadiu que “o programa do PSOE ten un único punto: non perder as eleccións. Gañar como sexa e a costa do que sexa”. Como exemplos desta política “do todo vale” fixo referencia ó mitín que o alcalde de Parla deu con megáfono en man dende un coche da policía ou o encargo que fixo o Ministro de Economía, Sr. Solbes, a funcionarios públicos para que lle presentasen informes partidistas con posibles críticas as medidas económicas presentadas polo PP.
García Díez ironizou coa “pasión de Blanco por facer campaña en Lugo” porque, na súa opinión, “ou minte ou ten pouca paixón”. Neste contexto, retou a Blanco para que mañá, no mitin que vai a dar en Monforte, “dé a cara e explique cando vai facer a autovía Monforte-Ponferrada, que prometeu hai catro anos”.
Pola súa banda o candidato ó Senado José Manuel Barreiro, quen repasou a “longa lista de incumplimentos” (facendo especial fincapé ó compromiso de José Blanco coa autovía Monforte-Ponferrada) do Goberno de Zapatero coa Zona Sur, asegurou que “nos cen primeiros días de Rajoy na Moncloa, convocarase un consello de Ministros en Galicia para poñer riba da mesa un calendario, con prazos e orzamentos, para executar as obras de infraestructuras paralizadas polo PSOE”
En política, egadiu Barreiro, só hai una maneira de decirlle á xente que marche: “Temos que botar democráticamente a estes Srs do Goberno, porque non cumpliron con Lugo nin con esta comarca. E Temos que facelo sin crispación, sin dramatismo e sin tensión”.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo pola súa parte estar seguro de que os galegos se sinten orgullosos de que Mariano Rajoy sexa o candidato do PP e mostrouse convencido de que vai ser o próximo presidente do Goberno, porque, ‘mentres outros levitan na Galicia virtual, o PP vive na Galicia real’.
‘E a realidade é que Galicia ten as pensións máis baixas de España e Lugo as pensións máis baixas de Galicia; que os prezos nunca subiran tanto desde 1996; que catro anos despois de Zapatero as autovías Lugo-Santiago e Lugo-Ourense non están nin se lles espera; que nunca se marcharan fóra de Galicia tantos mozos a buscar traballo desde 1992; que Galicia é a comunidade de toda España que está máis lonxe de ter AVE, e Lugo a provincia que está na peor situación’, asegurou.
Fronte a cada un destes problemas, Feijóo lembrou que o Partido Popular conta cunha proposta e unha solución: ‘subiremos 150 euros as pensións e faremos todo o posible por igualar as pensións de Lugo coas do resto do Estado; os que gañan menos de 16.000 euros non terán que facer a declaración para ter máis diñeiro no peto e afrontar os gastos; haberá bonificación de ata 1.000 euros para xerar emprego feminino; articularanse medidas para que todos os camiños para ter unha vivenda sexan máis curtos e menos custosos; e celebrarase un Consello de Ministros para que Galicia entre no mapa da Alta Velocidade’.