Partido Popular de Lugo

O GPPP DENUNCIA QUE A ESTRADA DA DEPUTACIÓN ENTRE LOURENZÁ E MONDOÑEDO ESTÁ CORTADA DENDE O LUNS

Lugo, a 9 de febreiro de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular denunciou hoxe que no concello de Lourenzá está cortada dende o pasado luns a CP 2805 que une Santa María Maior e Lindín co Val de Lourenzá, con Santo Tomé. 

 

O voceiro adxunto do Grupo Provincial do PP, José María González Barcia, asegurou que un desprendemento de terras levou parte da estrada, o que imposibilita o tráfico pola mesma. Barcia di que aínda que o estado do vial está ben sinalizado, ocasiona os veciños afectados moitos trastornos xa que agora teñen que dar un rodeo, nalgúns casos, de ata doce kilómetros. 

González Barcia, logo de comprobar in situ a importancia dos  desperfectos acompañado do alcalde de Lourenzá, Vidal Martínez, e da voceira do grupo municipal popular de Mondoñedo, Elena Candia, manifestou que nin os veciños nin o concello de Lourenzá recibiron ningún tipo de aviso por parte da Deputación sobre o estado no que se atopa o vial. Razón pola que entende o malestar que lle foi manifestado polos propios afectados, tanto veciños que traballan nas proximidades como dos repartidores, xa sexan de pan, butano, etc., que non teñen recibido ningunha explicación nin tampouco previsións do tempo que levará habilitar a estrada para abrila outra vez ó tráfico. 

González Barcia indicou que estas cousas eran previsibles “gracias á xestión de Besteiro”. Neste senso lembrou que o PP xa fixera público hai uns días os retrasos que se estaban contabilizando nas adxudicacións de actuacións de mantemento e conservación nas estradas provinciais. “Co que acontece na CP 2805, vese moi claramente que, por desgracia, o que o PP decía estase a traducir xa en problemas directos para os veciños desta provincia”, explicou. 

 

Barcia esíxelle a Martínez que “na vez de tocarlle as narices ó pesoal de Vías e Obras e desfacer este servicio, debe adicarse a traballar, e a mirar pola provincia, e non só polo seu peto e polo seu concello”.

Para o voceiro popular o peor de todo é que Besteiro segue mirando para outro lado. “Nós facémonos unha pregunta, que xa se fan tamén moitos cidadáns desta provincia: realmente preocupalle a Deputación ó Sr. Presidente?