Partido Popular de Lugo

OS DESENCONTROS DO BIGOBERNO PROVINCIAL ACABAN NO PARLAMENTO, AFIRMA O GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR

Lugo, a 8 de febreiro de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular asegura que o vivido o pasado xoves na Comisión de Sanidade do Parlamento Galego, en relación coa transferencia dos hospitais de San Rafael e San José, propiedade da Deputación, ó Servicio Galego de Saúde, non é máis que a escenificación dos desencontros do bigoberno da Deputación, que deben ser moitos e importantes cando usan o Parlamento para a súa resolución.

 

“Que unha parte do bigoberno provincial lle presente á outra unha proposición no Parlamento Galego, quere decir bastante, ou sexa, que non se entenden”, indicou o voceiro adxunto do Grupo Provincial do PP que se pregunta quen minte.

 

Por unha parte, explica Barcia, non hai moitos días que o BNG, por boca de Antón Bao, e antes de María José Vega, dicía que o asunto ía ben. Por outro lado, o Sr. Besteiro dixo varias veces que xa houbera reunións para definir o traspaso. Pero agora resulta, afirma Barcia, “que o asunto non debía ir tan ben, cando o propio BNG presenta esta iniciativa no Parlamento, e cando a voceira parlamentaria socialista en materia de Sanidade recoñece que o vindeiro día 20, ás 12 horas, haberá unha reunión da comisión mixta de transferencias para fixar un calendario de traballo. E a pregunta é: que é o que se fixo ata agora? Conclusión, ou minten uns, ou minten os outros, ou, tamén pode ser, mentiron todos”.

 

O que se trasluce de toda esta situación ó entender do GPPP é que Besteiro pinta pouco nesto, porque a súa axenda queda marcada en sede parlamentaria; que a comisión de transferencias non se reuniu dende a súa toma de posesión, e que as cousas que o BNG dicía que ían tan ben simplemente non ían. En resumo, non se fixo nada e todo o que pretendía venderse era só fume.

 

O acontencido o xoves significa, segundo Barcia, “que o PP tén razón cando asegura que hai pouco traballo e moito marketing no bigoberno provincial”.

 

Para o voceiro adxunto do GPPP tamén é sintomático que na proposta presentada polos nacionalista no Parlamento se fale dos traballadores. Barcia teno claro: “dende outubro non houbo máis reunións sobre este tema nin cos representantes dos traballadores nin cos propios traballadores, co que se deduce que tamén Melchor Roel cae no vicio de facer vaticinios que non se cumplen”.

 

Finalmente, José María González Barcia di que agora non está Cacharro para cargarlle a culpa, e lembra que o expresidente reuniuse coa conselleira por este asunto en maio de 2006.

 

Reitera asimesmo que durante as negociacións e na execución do traspaso destes centros sanitarios ó Sergas se prime a preservación dos intereses provinciais porque, segundo recalca Barcia, “hai moito en xogo, e alguén pode ter a cana preparada”.