Partido Popular de Lugo

O GPPP LAMENTA QUE O DEPUTADO DE CULTURA SE ADIQUE EXCLUSIVAMENTE A CONTAR LIBROS

Lugo, a 11 de febreiro de 2008.- O Grupo Provincial do PP manifestou hoxe que é “unha mágoa” que o deputado delegado de Cultura, Veiga Otero, se adique de xeito case exclusivo á “durísima” labor de contar e clasificar libros. Os populares lamentan que as únicas noticias que se teñen da Delegación de Cultura sexan precisamente as referidas ó reconto de libros.

O voceiro adxunto do Grupo Popular, José María González Barcia, afirmou que non deixa de ser triste que, en sete meses, sexa a terceira ou a cuarta vez que nunha rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno provincial se fale do reconto dos libros. Barcia tén a explicación: “como nas xuntas de goberno non hai chicha, e algo hai que decir nas roldas de prensa posteriores, imos a contar libros”. 

En opinión dos populares a noticia tiña que ser a definición das liñas de traballo en materia de cultura que vai seguir a Deputación, se se vai seguir co patrocinio de actuacións de colectivos culturais, cales van ser as condicións de uso da rede museística provincial ou dos locais que son propiedade da Deputación; se se van modificar os obxectivos da Fundación Tic… “pero nada de eso se sabe pese a que é o que realmente lle interesa ós cidadáns desta provincia”. 

Unha situación que ó GPPP resúltalle algo chocante “tendo en conta que hai persoas dentro do equipo de cultura, mesmo incorporadas recentemente, con solvencia recoñecida, co que se pode concluir que falta dirección política. Evidentemente, non estamos a falar dalgúns concelleiros do BNG contratados como cargos de confianza: eses non van pola Deputacion, pero cobran”. 

O voceiro adxunto do Grupo popular provincial confía en que dende o bigoberno non se aplique unha censura encuberta. Neste contexto González Barcia lembra que a Deputación paralizou a edición dunha obra en tomos, argumentando que o custo era demasiado elevado. “O que non se dixo”, puntualiza Barcia, “é que nin o contido nin o autor eran do agrado do bigoberno, e que todo apunta a que se chegou a un acordo coa imprenta adxudicataria mediante o correspondente pago dunha indemnización”. 

O voceiro popular considera que o BNG na Deputación tén un problema de identidade, que debe solventar canto antes. “Os nacionalistas pelexan por non ser abducidos polo PSOE, como se viu coa recepción ó Breogan logo de gañar a Copa Príncipe. O BNG acaparou a información pese a que o Breogán é un equipo de todos porque ¿onde estaba Besteiro?”