Partido Popular de Lugo

O GPPP AFIRMA QUE O FUNCIONAMENTO DA ÁREA DE VÍAS E OBRAS COMENZA A SER CAÓTICO POR FALLA DE DIRECCIÓN POLÍTICA

Lugo, a 6 de febreiro de 2008.- O Grupo Provincial do PP considera que a situación do departamento de Vías e Obras da Deputación estase a converter en caótica e responsabiliza desta situación ó propio Presidente da Deputación, por verse a si mesmo por riba do ben e do mal.

 

“O Sr. Martínez empeñouse en facer un reino de Taifas ou unha Deputación paralela, co consentimento do Presidente Besteiro, chegando ó extremo de montar o seu “corralito” particular no Fogar de Santa María, como demostración de poderío”, asegurou, “ante o absoluto pasotismo do presidente, máis pendiente dos focos que da realidade do ente provincial”.

 

O voceiro adxunto do Grupo Provincial, José María González Barcia, ve varios aspectos que o levan a contemplar con preocupación a situación deste servicio que, segundo recalca, “conta con bos profesionais, pero que están claramente desaproveitados”.

 

En primeiro lugar fai referencia á situación creada co traslado dos capataces e vixiantes, “con xente na casa cobrando e sen traballar, o que non deixa de ser xa non curioso, senón un insulto á intelixencia dos cidadáns desta provincia, porque a todos nos gustaría estar na mesma situación (da que, por certo, non tén culpa o traballador, senón a propia Deputación)”, fai que nestes momentos  algunhas zonas “están semiatendidas pola incapacidade do bigoberno de organizar ó persoal”.

 

En segundo lugar, pese a estar adxudicadas dende principios do verán, estanse a retrasar as obras de acondicionamento en diversas vías provinciais, como é o caso da zona de O Courel, O Cebreiro, Quiroga e Ribas de Sil. E todo, recalca Barcia, “pola cabezonería de paralizar calquer obra que fora adxudicada na etapa anterior”.

 

Así, tanto pola desorganización do persoal coma polo retraso das obras, o estado das estradas están provocando cada vez máis problemas ós usuarios.

 

En terceiro lugar, estase impedindo o desprazamento de traballadores da Deputación a determinados concellos para estudar “in situ” peticións de alcaldes sobre obras xa en marcha, algo que entendemos que debería ser habitual pola aplastante lóxica que o sustenta, “xa que unha obra ou se ve no seu propio medio físico, ou é de moi difícil proxección”.

 

E por último, estamos asistindo, segundo explicou Barcia, a un uso clientelar e caciquil da maquinaria da Deputación. “Se hai obras no concello de Pol feitas en fincas particulares e con maquinaria do ente provincial, o mesmo acontece nunha área comercial de Viveiro, e vemos como se adxudican obras en O Courel sen contar cos terreos preceptivos para facelas. Os tres son concellos gobernados polo PSOE; cada un que saque as súas conclusións”.

 

Todas estas anomalías, opina o voceiro adxunto do GPPP, están levando ó caos á Área de Vías e Obras, que pouco a pouco vai perdendo o aval de solvencia que tiña, por culpa de Besteiro, que non asume as súas responsabilidades. “Non hai unha boa e clara dirección política, e estase a notar”, recalca.

 

González Barcia considera que detrás de todo esto está a intención de privatizar diversos servicios que presta o Departamento de Vías e Obras. Polo tanto, na súa opinión, “debe ser o propio Besteiro o que poña coto a esta situación porque de continuar esta deriva, a situación pode ser irreversible; el é o presidente, e se a atribución de delegacións chega a onde chega, tamén tén que chegar a onde tén que chegar o propio presidente, xa que a derradeira  responsabilidade recaerá sobre el”.