Partido Popular de Lugo

OS ALCALDES POPULARES INSISTEN EN QUE A NEGATIVA DO PTE DA DEPUTACIÓN A RECIBILOS PON EN ENTREDITO O SEU TALANTE

Os rexidores populares da comarca Terra de Lemos sairon ó paso das declaracións feitas o xoves polos responsables do PSOE na zona sur nas que cuestionaban a súa lexitimidade para reclamar o pago de canon enerxético por parte da Deputación.

Neste senso reiteraron, como xa dixeran na rolda de prensa celebrada o pasado luns en O Saviñao, que a súa crítica ó Presidente da Deputación refírese o feito de que, a día de hoxe, aínda non recibiron ningunha comunicación oficial, nin oral nin por escrito, de cándo tiña previsto recibilos para abordar este asunto.

Os responsables municipais consideran que a Deputación terá que cumprir a sentencia e pagarlle ós 17 concellos afectados o que lle corresponde, ainda que entenden que a posta ó día desta débeda poda ter que cometerse en máis dunha anualidade.

O que sí teñen claro é que o Sr. Besteiro ten que recibilos, porque esta é a súa obligación, para informarlos das previsión que ten sobre este asunto. Lembraron neste contexto que levan agardado por estas explicacións dende o pasado día 24 de outubro, algo totalmente inadmisible nunha administración que se autodefine como concello de concellos.

En resposta tamén as acusacións do PSOE, os alcaldes afectados polos encoros aseguran que non só están lexitimados a pedir explicacións senón que teñen o deber, e están dispostos a exercelo como fixeron sempre, de defender os dereitos dos veciños dos municipios ós que representan.

Non é de recibo, insisten, en que tendo solicitada unha entrevista co Sr. Besteiro, reciban únicamente a calada por resposta. Consideran ademais que é razoable que esa entrevista teña lugar antes do debate dos orzamentos da Deputación.

Putualizan asimismo que moitos dos concellos afectados reclamaron o pago desta débeda incluso cando a Deputación estaba gobernada polo Partido Popular, o que deixa patente o descoñecemento que algúns representantes do PSOE teñen sobre o tema do canon.

Os rexidores populares recalcaron asimismo que a súa demanda non é electoralista e que, por suposto, non están nada nerviosos. Os que si parecen estalo son os que se cansaron de dicir que cando se fixeran cargo da Deputación solventarían de inmediato o asunto e agora nin tan sequera queren recibir ós lexítimos representantes dos veciños dos concellos afectados.