O Grupo Provincial do PP presentou hoxe unha moción na que solicita que a Deputación demande da Xunta a axilizacion da construcción da vía de alta capacidade, VAC, San Cibrao-Ferrol, que presenta un retraso considerable e sufriu unha gran merma orzamentaria dentro das preferencias da Xunta para 2008.
O voceiro adxunto do Grupo Provincial do PP, José María González Barcia, manifestou que este vial, aínda que afecta xeográficamente de xeito directo a catro concellos da provincia, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo, debe ter continuidade co corredor San Cibrao-Barreiros para enlazar coa A-8, a Autovía do Cantábrico. Eso significará unir o norte da provincia de Lugo co norte da provincia de A Coruña cun vial adaptado ó século XXI, e dar saída así ó enorme potencial económico e turístico que tén A Mariña, potencial que repercute directamente no conxunto da provincia.
González Barcia indicou que esta obra tén un marcado carácter estratéxico e, polo tanto, dado que afecta ós portos de Burela e Celeiro, cunha facturación conxunta en lonxa, en 2007, superior ós 110 millóns de euros, e a Alcoa, á maior industria que hai na provincia de Lugo, vai ter unha repercusión importante na xeración de producto interior bruto no conxunto da provincia, permitindo dinamizar aínda máis unha comarca que xa de por si tén un enorme potencial.
Barcia tamén indicou que na moción solicítase que a Deputación apoie todas aquelas accións que dende os distintos concellos se adopten, sempre, por suposto, dentro do marco da máis estricta legalidade, para solicitar a axilización da construcción deste vial.
Así, lembrou que nestes últimos meses houbo reunións entres concellos do norte de Lugo e do norte da Coruña, “e non estaría de máis tentar de facer frente común coa propia Deputación da Coruña, provincia que tamén se vería enormemente beneficiada coa construcción do vial”. Por todo eso, nin a Deputacion nin o resto da provincia poden mirar para outro lado, “porque eso significaría deixar de apostar polo futuro e pola creación de emprego e xeración de benestar”.
Con todo, González Barcia ve sombras no panorama futuro pola drástica reducción da partida destinada a esta actuación aínda que insistiu en que é “imprescindible” que esta estrada esté a funcionar no 2011. Lembrou, neste contexto, que as previsións iniciais da Xunta bipartita era de que estivera operativa en 2010 pero que, na súa opinión, será difícil cumplir o plazo, dado que as consignacións orzamentarias da Xunta para 2008 só prevén 3’7 millóns de euros para esta obra, pese a que nos orzamentos de 2007 para o presente ano asignábanse 33’4 millóns de euros.
“É dicir”, recalcou, “a Xunta reduciu a partida inicial en algo máis dun 92%, unha baixa drástica que pouco ou nada tén que ver cun suposto interese real en facer a obra. E esto está corroborado pola negativa por parte do PSOE e do BNG no Parlamento galego de aprobar enmendas que permitiran incrementar as dotacións presupostarias”.
O voceiro adxunto do GPPP fixo tamén mención a unha reunión mantida hai días pola comisión de infraestructuras que tén creada a Confederación de Empresarios Lucenses na Mariña. Na súa opinión hai que felicitar a esta entidade, dado que consegue sentar na mesma mesa a todos os grupos políticos, “ainda que últimamente o PSOE ou acude con escasa representatividade ou non acude”. “Nesa reunion fixose un chamamento para traballar a prol da consecución desta infraestructura, e aí debe estar tamén a Deputación”, engadiu Barcia.
Para o GPPP, estamos ante unha cuestión “de provincia”, na que hai que poñer “sentimento, pero tamén cemento”. Por elo, e tendo en conta que as organizacións empresariais e sindicais, así como a inmensa maioría da sociedade civil considera urxente a construcción deste vial, “entendemos que a unanimidade debe presidir a adopción do acordo pertinente por parte do pleno provincial”.
CANON ENERXÉTICO.-
O voceiro adxunto do PP aproveitou a súa comparecencia para manifestar que é de “mal gusto” que Besterio non reciba ós alcaldes afectados polo canon, que lle pediron por escrito unha entrevista xa hai meses. “Ainda que o martes dixo públicamente que os recibará cando eles queiran, o certo é que a día de hoxe non teñen ningunha confirmación nin oral nin por escrito desa disposición”, explicou.
“Se tanta vontade ten de reunirse cos alcaldes destes concellos que lles dé unha cita”, recalcou Barcia, ó tempo que puntualizou que “o Presidente da Deputación ten que ter presente que ninguén, e en ningún momento, lle pediu que o problema da deuda do canon se resolvera xa, senón que o que reiteradamente se lle solicitou foi que informe ós concellos afectados da planificación que ten previsto levar a cabo neste asunto para facer frente á débeda”.
Para o voceiro adxunto do GPPP, o bigoberno da Deputación trata o tema do canon de igual xeito que a transferencia dos hospitais ó Sergas: “moitas palabras para adornar as intencións pero, ó final, como xa estamos acostumados, non se resolve nada e avánzase a paso de tartaruga hacia ese obxectivo”.