Partido Popular de Lugo

GONZALEZ BARCIA CREE QUE O ALCALDE DE BURELA TEN “POUCO PESO POLÍTICO”

O voceiro do Grupo Municipal do PP burelés, José María González Barcia, manifestou hoxe que o seu grupo lamenta “o escaso peso politico que tén o alcalde dentro do seu partido a todos os niveis”.

Barcia indicou que un alcalde que se precie tén que manexarse con soltura dentro do seu partido e dentro das administracións e, na súa opinión, este non é o caso de Llano. “Vexoo fallo de cintura, xoga en política como xogaban antes os pivots en baloncesto, moi estáticos e agardando polos rebotes, pero como non saltes non colles ningún, e a Llano non o vexo saltando pillando rebotes; e moito menos de alero, rematando xogadas; nin de base, dirixindo a orquestra”.

González Barcia engadiu que “a orquestra do grupo municipal socialista está desafinada, e está sendo controlada por dous ou tres que mangonean desde fóra, e que están en todos os acontecementos importantes, e así lle vai ó alcalde”.

Dentro do ámbito provincial, considera que a pretendida “maratón” de catro delegados nunha mañá deixou un balance pobre: se se van rotular as árbores do Castelo (por segunda vez), se se van facer obras en parques, etc., e un pequeno balance que se solucionaba a golpe de teléfono. O voceiro municipal do PP lembra tamén que os comedores dos colexios xa estaban funcionando co PP.

Mención destacada merece para Barcia a pretendida visita do alcalde á Deputación. “Non sei se foi ou non, pero que o presidente da Deputación visite varios concellos da Mariña, entre eles todos os que goberna o PSOE, agás o de Burela, e que o alcalde de Burela teña que ir ver ó presidente da Diputación a Lugo, é para poñer ó presidente da Diputación en posición de firme, e dicir que o noso alcalde é un mandadiño que fai o que lle din”.

No ámbito autonómico, indica que falta a primeira vez que se reuna cun conselleiro que non sexa Caride, “e eso porque Caride xa leva tres visitas a Burela”, unha co PP e dúas co bigoberno. “Non nos parece mal que veña sempre e cando se consiga o compromiso dalgunha obras; pero que o noso alcalde non fose capaz de organizar ningunha entrevista en Santiago nin tan siquera cos conselleiros do PSOE ou con Touriño, é lamentable porque xa sabemos que cos do BNG non se vai reunir, para eso está Doña Nieves”.

Por último, Barcia fixo unha mención especial ás listas para as próximas eleccións xerais, e manifestou que eso demostra a incapacidade dos socialistas de Burela de manillar dentro do seu partido. O voceiro do PP lembra que “hai mes e medio saliu na prensa algún intelectualoide socialista burelés dicindo que para o senado ían Lucía Bouza e outra socialista máis de Burela, e que xa tiñan todo falado; pois fíxoa boa, foi a mellor forma de que non fora nin a unha, nin a outra. E eso que xa o tiñan tentado cando foi a Deputación, co mesmo resultado, é decir, fracaso”.