Os alcaldes e voceiros do Partido Popular dos concellos da comarca de Terra de Lemos manifestaron hoxe en rolda de prensa a súa preocupación pola demora da que está sendo obxecto a posta en marcha do parque comarcal de bombeiros.
Ó entender dos rexidores locais a zona sur está a ser discriminada unha vez máis polos gobernos bipartitos da Xunta e a Deputación e o feito de que no protocolo asinado recientemente en Lugo por ambas institucións non se inclúa o parque de bombeiros de Monforte constitúe un agravio comparativo. Un protocolo que, pese a ser polo momento tan só un manual de intencións, xa que nel non se concretan nin plazos, nin orzamentos, exclúe á zona sur da provincia de Lugo.
Os alcaldes mostraron a súa extrañeza pola actitude “comprensiva” manifestada públicamente polo alcalde Monforte, Severino Rodríguez, e a teniente alcalde e tamén Vicepresidenta terceria de Deputación, María Xosé Vega, coa demora da que está a ser obxecto este parque, pese a que non hai moito reivindicaban unha solución inmediata para este asunto e aseguraban que o seu partido priorizaría a súa comarcalización.
Certo é, segundo indicaron os responsables do Partido Popular na comarca de Lemos, que as declaracións de María Xosé Vega foron previas ó seu nomeamento como Vicepresidenta terceira da Deputación. Pode, por tanto, que a día de hoxe o que daquela defendía como prioritario, desbloquear a comarcalización do parque de bombeiros, non lle resulte agora tan urxente. Proba delo é que non fixo efectivo o seu anuncio de que reclamaría ante a Xunta e a Deputación que se solventara este problema en canto o organismo provincial cambiara de color político e que éste sería un dos primerios en comarcalizarse dado que xa dispoñía das instalacións necesarias, como así, incluso, o manifestaron no seu día responsables da Xunta de Galicia.
Neste intre, pola contra, parece que a comarcalización do servizo de bombeiros non é nin urxente nin prioritaria. Monforte, de feito, non foi incluída no protocolo, que por agora segue a ser papel mollado. O alcalde de Monforte, antes tan reivindicativo, non lle molesta agora que outros concellos da provincia suscriban este manual de intencións peses a que todos eles, agás o de Barreiros, carezan das instalacións precisas para albergar este tipo de servizo. Non parece agora preocuparlle o custo de manter en solitario o corpo de bombeiros, algo que non fai tanto supoñía, segundo el mesmo reiteraba, un manifesto desequilibrio para casar as contas do orzamento municipal.