Así, a primeira pregunta que formularán os populares fai referencia á situación administrativa na que se atopan as obras que está previsto acomenter na estrada Burgo-Vilamaior-Palas de Rei e cales son os plazos de execución que está previstos.
O Grupo Provincial fai constar que pese a que hai documentación oficial na Deputación sobre esta actuación, a día de hoxe só se acomenteu unha parte dela, concretamente a que afecta ó primeiro tramo, o comprendidos entre os puntos quilométricos 0 e 1,6.
Deste xeito o Partido Popular cumpre coa palabra dada ós veciños afectados durante as reunións mantidas para abordar este asunto e no que o Voceiro do Grupo Provincial Popular, José Manuel Barreiro, que acudiu ó encontro acomapañado doutros deputados e concelleiros do PP en Lugo, comprometeuse non só a revisar o expediente sobre o acondicionamento e ensanchamento dos 13 quilómetros desta estrada, que comunica San Xoán do Alto coa parroquia de San Pedro de Mera, e de informalos da situación na que se atopa, senón tamén a presentar unha iniciativa no Pazo provincial para que o bigoberno aclare a súa posición a este respecto.
No que atinxe ós parques dos ríos Rato e Miño, o Grupo Provincial Popular quere saber se a Deputación provincial e o Concello de Lugo teñen previsto acometer algunha iniciativa que permita unificar o mobiliario urbano do que dispoñen ambos parques.