Partido Popular de Lugo

NNXX APOSTA POLAS POSIBILIDADES QUE O MEDIO RURAL PRESENTA PARA O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO DAS MULLERES

Novas Xeracións de Galicia é consciente dos problemas fundamentais que afectan hoxe en día ao eido rural, tales como a deficiencia das estructuras agrarias, a escasa diversificación do tecido económico ou a mesma desvalorización social da actividade agraria, problemas todos eles que contribúen ao abandono do campo por parte dos sectores de poboación máis xoves e dinámicos e o conseguinte deterioro e despoboamento progresivo dos mesmos.

Así o puxeron de manifesto hoxe durante a mesa de debate que as xuventudes populares organizaron na sede do PP en San Marcos e á que asistiron, entre outros, María Seoane, Presidenta de NN.XX en Galicia, Antonio Lasanta, Presidente da Xestora de NN.XX da provincia de Lugo, así como a Secretaria General Adxunta de NN.XX Cristina Ares Castro Conde e o propio Presidente do partido na provincia José Manuel Barreiro, quen salientou a importancia deste colectivo en Lugo con respecto ao resto das provincias galegas xa que a outubro deste ano había 10.781 mulleres dadas de alta no rexime especial agrario, ás que hai que engadir 268 máis por conta allea.

Non obstante, para NNXX, o medio rural non é sinónimo de pasado, senón que, cunha estratexia de desenvolvemento integral, que promova unha diversificación axeitada da actividade económica, respectando ao mesmo tempo os valores medioambientais, patrimoniais e culturais propios deste espazo, o rural é un lugar idóneo para o traballo e o disfrute duns niveis de calidade de vida non iguais, senón superiores aos das zonas urbanas.

A muller, peza chave historicamente na estructura familiar rural, ó entender de NNXX, está chamada a xogar un papel fundamental no presente e no futuro deste eido, como creadora de emprego estable mediante a especialización e diversificación económica e como promotora de cooperación social e institucional, como veñen facendo as asociacións de mulleres rurais lucenses, hoxe aquí representadas pola presidenta da súa federación provincial. Posibilidades das que deron boa conta as ponentes invitadas desta mesa de debate, a empresaria de Friol Aurea Castro e a Presidenta da Federación Provincial de Mulleres Rurais Mari Paz Pena Corral.

NNXX conclúe, tras o encontro mantido, que as mulleres rurais están chamadas a desempeñar un papel protagonista na dinamización do rural, participando, en definitiva, na confección do seu propio desenvolvemento, como fonte de moitivación, creatividade e compromiso.

Dende NNXX, considerase preciso coñecer as potencialidades de cada un dos nosos concellos e comezar a entablar lazos de comunicación con aqueles xoves e movementos sociais capaces de se involucrar de forma eficaz no desenvolvemento das súas parroquias, labor para a que as súas mulleres son, como vimos de comprobar, o mellor exemplo e a mellor axuda.

Pola súa banda, o Presidente dos populares de Lugo fixo referencia na súa alocución que serviu para pechar o encontro á necesidade e á vontade do Partido Popular de seguir traballando para facer efectiva a conciliación da vida laboral e familiar de todas as mulleres, pero con especial énfase dadas as súas especiais circunstancias, das que viven no medio rural, e para incrementar a súa participación na toma de decisións e a súa presencia entre os cargos directivos das entidades asociativas agrarias, entre outras medidas.

Neste senso, Jose Manuel Barreiro, a modo de exemplo das iniciativas do seu partido no Parlamento galego para acadar estes obxectivos, fixo referencia á ampliación e mellora das condicións acadada para as mulleres cotitulares dunha explotación agrogandeira sobre a rebaixa dun 50 por cento na cota da Seguridade Social e que permitiu beneficiarse destas medidas, entre outras, ás mulleres maiores de 40 anos ou que se fixeran cargo da titularidade da explotación ou que se incorporaran a ela.

Gracias á modificación dos requisitos establecidos inicialmente polo Ministerio e a Consellería de Traballo plantexadas polo PP e respaldadas polo resto dos grupos parlamentarios galegos, 141 mulleres de Lugo deronse de alta no rexime especial agrario da Seguridade Social a finais do pasado mes de setembro. Polo que preto de 700 mulleres da provincia disfrutan xa das reduccións na súa cotización á Seguridade Social.