Partido Popular de Lugo

DAMASO LÓPEZ PRESIDE A NOVA XUNTA LOCAL DO PARTIDO POPULAR EN MONFORTE DE LEMOS

Os compromisarios do Partido Popular de Monforte respaldaron maioritariamente a única candidatura que, liderada por Dámaso López, concurría á conformar a xunta local desta formación política na capital do Cabe. Dos 126 votos emitidos durante a asamblea convocata para tal fin na casa da cultura monfortina, 122 respaldaron a executiva e catro papeletas estaban en blanco.

O encargado de dar lectura ó resultado do escrutinio foi José Antonio Rodríguez Domínguez, presidente da mesa, que estaba conformada tamén por Juan Alberto Piñeiro Tojo e Iria Quiroga Carballada.

O xa presidente electo do populares monfortinos insistiu no seu discurso en pedir “unidade” e que nesta nova andaina do partido “sexamos o que somos, unha familia, na que se critique, pero no seu lugar, entre nós”. Tamén salientou que a executiva, para os que pediu “compañerismo e solidariedade”, está conformada “polos que quería estar e teñen que estar” e reiterou que a súa man “está tendida porque quero contar con todos”.

Dámaso López fixo un chamamento á colaboración e expresou o seu desexo de, con esa “participación de todos, se poña o punto e final ás disensións”, ó tempo que prometeu “non facer nunca concentración de poder”.

O Presidente Provincial dos populares, pola súa banda, destacou na súa alocución, que serviu para poñer o punto e final á asamblea, a importancia “para a vida do partido” o proceso de renovación que se está a levar a cabo no seo do Partido Popular coa elección das xuntas locais. “Unha renovación”, dixo, “que hai que entender como unha oportunidade para todas aquelas persoas que teñan interese en participar na vida interna do partido o fagan”.

“O verdadeiramente relevante é que o Partido Popular deu así un canal para que os seus afiliados expresen a súa opinión, así que o ‘díxome-díxome”, a partir de agora, non vale”.

Para José Manuel Barreiro o importante é que esté claro que “a vida do partido está por riba dos intereses persoais e que estamos a defender un proxecto político do PP para Monforte”. Un proxecto, recalcou, “diferente ó de outras persoas e doutros partidos políticos” e neste contexto recalcou que “somos a primeira forza política desta provincia e en Monforte temos que recuperar ese protagonismo nas urnas e hoxe demos o primeiro paso para acadalo”.

O Presidente Provincial do PP, ademais de loubar a “valentía” de Dámaso López por ponerse ó fronte do partido, incidiu no remate do seu discurso en que “eiquí non sobre ninguén” e animou a “todos os que teñan boa vontade a que se sumen a este proxecto”.

Acompañan a Dámaso López na executiva Alfonso González Blanco, Alfonso Matías Balado Alvarez, Ana María Díaz Novoa, Ana María Pérez Naviera, Andrés Rodríguez Vázquez, Alejandro Sousa Escandón, Carolina Díaz De La Iglesia, Constantino Castro Rego, Dolores Díaz Romanos, Fernando Varela Fernández, Felipe Grande Pérez, Francisco José Cela Rodríguez, Juan Alberto Piñeiro Tojo, José Antonio Rodríguez Domínguez, José Luís González Barredo, José Ramón López Vázquez, Luisa Astray García, Milagros Fernández Rodríguez, Monserrat Fernández Sousa e Vicente Touzón Castro.