Partido Popular de Lugo

BARREIRO LEMBROULLE HOXE A BLANCO TODAS AS SÚAS PROMESAS INCUMPLIDAS COA PROVINCIA DE LUGO

O Presidente provincial dos populares, José Manuel Barreiro, arremeteu hoxe contra o Secretario de Organización do PSOE, José Blanco, ó que acusou de “non cumplir con Lugo” pese a que, á mínima ocasión, insista en repetir que o seu partido cumple coa palabra dada.

Barreiro aproveitou a súa intervención no encontro preparatorio das vindeiras eleccións nacionais, que organizou hoxe o Partido Popular en Lugo e á que asistiron preto dun cento de cargos electos, para referirse á visita que o xoves realizou á capital José Blanco: “algo avergoñado da súa xestión debe estar si durante a súa conferencia non fixo gala dos grandes proxectos que prometeu para Lugo en nome do seu partido e limitouse únicamente a suxerir que antes de que remate este ano farase algunha obra nos tramos da autovía a Santiago, como si os lucenses non foran capaces de decatarse de que quedan dúas semanas para que principie 2008”.

“Blanco”, egadiu o líder dos populares lucenses, “preferiu centrar o seu discurso na política nacional e evitar así das explicacións sobre o que non fixo”.

José Manuel Barreiro realizou durante a súa intervención un “somero percorrido” porque, segundo dixo, “podería ser moito máis longo”, sobre os incumprimentos coa provincia de Lugo dos socialistas ós que calificou de “oportunistas” dado que sempre que se achega unha cita electoral voltan a prometer as mesmas cousas que nos comicios anteriores “como se os lucenses non tivéramos memoria”.

O Presidente dos popuales lucenses principiou o seu reconto de incumplimentos polos 15.000 postos de traballo que ía xeral o “ata agora virtual” Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo, aproveintando a ocasión para aludir a tamén recente visita da Ministra de Agricultura e o sospresivo anuncio do Alcalde de que se vai redactar o anteproxecto do futuro edificio. “Parece que agora, despois de catro anos sen facer absolutamente nada, lles entrou a prisa por facer que fan”, apuntillou Barreiro.

Outro dos “escandalosos enganos do Sr. Blanco” ó que se referiu o líder dos populares lucenses foi “aquel proxecto estrela que rematou estrelado” de convertir o aeroporto de Rozas nun centro de mantemento de avións. “O caso é que José Blanco sabe cómo fomentar a expectación: a finais do 2004 falaba dunha espectacular inversión para Lugo. Caldeaba así o ambiente para que pouco tempo despois o Sr. Orozco, un bo aprendiz nesto das estratexias de marketing, concretara o proxecto. O malo é que en setembro de 2006 confirmouse que o magno proxecto para Lugo íase as terras de Teruel”, explicou Barreiro.

A nova ponte sobre o río Miño é un “proxecto comodín” para o PSOE, segundo o Presidente do PP lucense. “Blanco dixo en maio de 2004 que se ía adxudicar en 2005. En 2005 que estaría rematado en 2008. En 2006 que entraría en servicio no 2009, agora en 2007 digamos que quedou a cousa en “xa se fará” polo que xa é coñecida como a ponte de Pinocho”.

Sobre o auditorio Barreiro dixo que “é máis do mesmo. Prometeu financiación para el xa hai algúns anos pero faltanos por concretar cándo e dónde será”.

Sobre o AVE, indicou que todo segue como o deixou o PP hai catro anos e lembrou que, tras seis anos de obras, só están rematados 153 dos 700 quilómetros previstos. “A Conselleira de Política Territorial sacounos de dúbidas en abril do pasado ano cando dixo que o AVE Lugo-A Coruña non estará listo ata o 2020. O que singnifica que Lugo será a única capital de provincia que seguirá sin AVE”.

“José Blanco tamén prometeu, alá por marzo do 2004, que incrementaría o orzamento previsto para o Plan Galicia, a realidade resúmese coa célebre frase da Ministra de Fomento: “el Plan Galicia de mierda…” na que poñía de manifesto a opinión dos socialistas sobre esta iniciativa”, engadiu José Manuel Barreiro, quen tamén se referiu á “retahíla de promesas incumplidas” sobre partidas e prazos das autovías.

“Blanco dixo en setembro de 2003 que se licitarían tramos da A-8 en seis meses. A realidade é que, agás os dous tramos licitados polo PP, só se adxudicou o de Lindín-Careira hai tres meses. En resume: o 80 por cento das obras ni sequera principiaron, así o retraso que acumulará esta autovía será, ainda sendo optimistas, de cinco anos.

A A-54 (Lugo-Santiago) tiña que estar rematada no 2010, pero non está licitado ningún tramo, así que, como moi pronto, ata o 2014 non estará operativa.

A A-56 (Lugo-Ourense), tamén prevista para o 2010, pero ainda non se fixo nada así que debemos falar xa do umbral do 2013.

E así con todas as demais estradas: a A-72 (Chantada-Monforte) leva xa un retraso de tres anos, retraso tamén na autovía Ferrol-Vilalba ou da vía de alta capacidade Barreiros-San Ciprián”, relatou Barreiro.

Capítulo especial merece, ó entender do Presidente provincial do PP, a autovía Monforte-Ponferrada. “Blanco atreveuse incluso a decir antes das municipais que a súa palabra valía máis que a da ministra e a falar de plazos: que en 2010 estaría lista esta autovía. Pero por agora aínda non está ainda claro nin o trazado”.

Podes ver o vídeo das declaracións de Blanco pinchando AQUí

“E menos mal”, concluiu Barreiro, “que José Blanco dixo en setembro de 2005 que as autovías de Lugo terían prioridade nos orzamentos”.

José Manuel Barreiro recalcou ante os representantes electos do seu partido “que hai argumentos suficientes e, o máis importante, facilmente contrastables de que o PSOE, e moi especialmente o Sr. Blanco, esqueceu durante estes case catro anos de lexislatura ós compromisos que acadou durante a campaña electoral”.

Por elo, incitou a todos os presentes a que estén vixiantes sobre as promesas que farán os socialistas na vindeira campaña “porque, como xa nos teñen acostumados, volverán a repetir o mesmo que hai catro anos e temos moi claro o que vale a súa palabra, e moi especialmente a de José Blanco: absolutamente nada”.