Barcia lembra que está drástica baixada de temperaturas non foi algo que tivera que coller os responsables da Deputación por sorpresa, como foi o caso desta fin de semana, porque estaba perfectamente anunciado.
Segundo denuncia Barcia, houbo problemas para a circulación dos vehículos en determinadas estradas da Deputación Provincial a causa das xeadas e pola ausencia de esparcemento de sal nalgunhas delas, o que propiciou saídas da vía, como no caso da CP 2801 de Lourenzá a A Pontenova. Saídas da vía que non causaron danos persoais, pero que puideron ter consecuencias máis graves.
RESPONSABILIDADE POLITICA.
Para Barcia, a política laboral seguida polo Deputado de Vías e Obras, Martínez Núñez, coa anuencia de Gómez Besteiro, están pasando factura xa nestes momentos, porque o control sobre as zonas asignadas ós capataces e vixiantes é, agora, mínimo, con respecto ó que había antes. “E esto é así”, recalca o voceiro adxunto do Grupo Provincial popular, “dende o momento en que se producen os traslados deste persoal a outras zonas por motivos escuros e para nada aclarados”.
Dende que se produxo esta situación estanse a contabilizar queixas sobre o mantemento que se está a levar a cabo nalgunhas estradas de competencia da Deputación, motivado, segundo Barcia, “pola irresponsabilidade política de Besteiro e de Martínez, dado que agora os capataces e os vixiantes, con tanto viaxe de ida e volta, apenas teñen unha xornada laboral práctica de catro horas e os fins de semana están alonxados das zonas respectivas”.
REFLEXIONS.
Segundo Barcia, o bigoberno debe reflexionar con esta política de persoal, porque as situacións perigosas nas estradas da Deputación significa xogar coa integridade física dos cidadáns desta provincia, e o organismo provincial non debe ser precisamente o causante de situacións de risco.
Finalmente, Barcia considera “unha tomadura de pelo” que no seu día se dixese que se adxudicaba o subministro de sal “porque non había sal”, e agora resulta que cando fai falla en certas zonas non apareceu. A responsabilidade é, en todo caso, da Deputación, e nunca do persoal asignado a tal tarefa”.