Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR COMPROMETEUSE HOXE COS RESPONSABLES DO AZKAR A RESPALDAR AS SÚAS INICIATIVAS NA DEPUTACIÓN E NO CONCELLO

O Partido Popular mostrou hoxe a súa disposición de colaborar en todo o que lle sexa posible cos proxectos que a Fundación Azkar pretenda levar a cabo.

Xuntanza do PP con Azkar

Xuntanza do PP con Azkar

 

Este compromiso foi ratificado esta mañá polo Presidente Provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro Fernández, e o Voceiro do Grupo Municipal, Joaquín García Díez, durante a reunión mantida cunha delegación do Azkar Lugo fútbol sala e a Fundación Azkar, encabezada polo seu presidente Manuel Vázquez.

Tanto Barreiro como García trasladaron o interese co que están a seguir as propostas e proxectos que plantexa o Azkar ó considerar que son de grande trancendencia para a cidadanía e que aportarán un gran beneficio para Lugo. Neste senso loubaron o traballo que está a realizar este colectivo en prol do fomento e promoción do deporte de base.

O encontro, solicitado polo Azkar e no que tamén participaron o deputado provincial José María Gonzalez Barcia e o concelleiro Enrique Rozas López, enmarcase dentro das xuntazas periódicas que este colectivo está a levar a cabo con representantes de todos os partidos políticos, institucións e colectivos dos máis diversos ámbitos da sociedade lucense para darlles a coñecer de primeira man os seus proxectos.