Muras, 15 novembro 2007.- José Manuel Barreiro, Presidente Provincial do Partido Popular, respaldou onte en Muras a constitución do novo comité executivo local, ó que alentou a seguir traballando igual de duro como ata o de agora “ou incluso máis”, en clara referencia ós comicios nacionais do vindeiro ano, para “manter e, a ser posible, incrementar o respaldo do electorado neste concello”.
José Orosa González, pola súa banda, comprometeuse a seguir unha liña “continuista” ó frente da executiva local, da que anteriormente xa formaba parte en calidade de secretario, e marcouse como primeiro obxectivo “manter a supremacía da que dispón o PP no concello, traballando sempre en prol dos veciños para dar resposta ás súas demandas e necesidades”.
Aseguron tamén o novo presidente do comité executivo de Muras que desenvolverán unha campaña de “tú a tú” con fin de ampliar o número de afiliados cos que conta a formación política.
Acompañan a José Orosa na executiva local, ademais do alcalde, Issam Alnagm Azzam, e o concelleiro do grupo municipal Jesús Franco Paraños, Soaad Azzam, Vicente Chao, Ramón Pena, José Guzmán, Plácido Rodríguez, Enrique López, Agapito Rodríguez, Juan Antonio Tojeiro e Fernando Carballido.