Partido Popular de Lugo

BARREIRO RESPALDOU EN MONTERROSO E CASTROVERDE A ELECCIÓN DOS NOVOS COMITÉS EXECUTIVOS LOCAIS DO PATIDO POPULAR

A candidaturas encabezadas por José Rojo Núñez e María Josefa Gómez Pallín foron elexidas nas asambleas convocadas respectivamente en Monterroso e Castroverde para renovar as xuntas locais do Partido Popular.

O Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, mostrouse moi satisfeito pola elección destas novas executivas e manifestou a súa convicción de que con estes renovados equipos, dos que salientou a súa “capacidade de traballo e ilusión”, o Partido Popular “incrementará a afiliación e alcanzará uns excelentes resultados electorais nas vindeiras eleccións xerais”.

Comité local de Monterroso

O novo presidente do PP en Monterroso, actual voceiro do Grupo Popular Municipal, tivo na súa intervención verbas de agradecemento para a súa antecesora ó frente da xunta xestora, Carmen Penelas, así como para o Presidente Provincial do partido, ó que calificou de “home honrado, preparado e cercano, co que se pode traballar e que anima a seguir para diante”, e para o Secretario Provincial, José Manuel Balseiro (quen tamén estivo presente no acto), ó que se referiu como “un torbellino da política”.

José Rojo fixouse como principal obxectivo nesta nova andaina “relanzar o partido”. Un traballo que, según recalcou, xa iniciou tras as pasadas eleccións municipais, coa captación de novos afiliados. Salientou tamén a importante renovación que conleva a nova executiva (máis do 80 por cento son membros novos en afiliación e en idade), da que forman parte tamén dous históricos do PP en Monterroso: Antonio Pardo García e Manuel Fende Castro.

O novo líder dos populares en Monterroso insistiu asimesmo en que “queda moito por facer” e instou a todos os presentes a “tirar do carro para lograr que Mariano Rajoy sexa o novo Presidente do Goberno; Alberto Núñez da Xunta e, dentro de catro anos, nós gobernemos este concello”.

Acompañan a Rojo na executiva, ademais dos xa mencionados Antonio Pardo e Manuel Fende, Pablo Losada Ferreiro (secretario local), Julia López Carnero, José Manuel López Rodríguez, María José Liñares García, Daniel Rojo Núñez, Víctor García Pacior, Alvaro Pacín Pacín e Santiago Ascariz Buján.

 

Monterroso

Monterroso

 

Comité local de Castroverde

Pola súa banda, a nova presidenta dos populares de Castroverde, María Josefa Gómez Pallín, agradeceu a confianza dos seus compañeiros de partido e dixo que “acepto este novo reto con ilusión e con ganas de traballar e para o que aportarei tanto a miña experiencia vital como profesional”.

Fixo referencia na súa intervención ó proceso de renovación que dende a dirección provincial xa se iniciou noutros concellos asegurando que “non será un paso traumático, senón de inclusión e nunca de exclusión, no que se escoitará a todos para que aporten ideas”.

Para Gómez Pallín éste é “un proxecto ilusionante para o municipio xa que levamos máis dunha década sumidos no desgoberno do PSOE”. Neste senso engadiou que “estamos a vivir un momento crucial xa que nos atopamos ante uns comicios xerais que poden levar a un galego ó Goberno da Nación polo que, dende a nosa posición, aportaremos o traballo e a ilusión que o fagan posible”.

Acompañana na ejecutiva, Jesús Fernández Besteiro, José Manuel Rey Vázquez, Ricardo Antonio Díaz Fernández, Manuel Rodríguez Varela, Antonio Fernández Pereira, José Angel Troitiño Gude, Antonio Torrón Carpintero, María Lourdes Torrón Ramos, Domingo Perería Domínguez, José Manuel Fernández Núñez (concelleiro do grupo municipal popular) e José Carlos Santalla López.

Castroverde

Castroverde