Partido Popular de Lugo

FOTOS DE CAMPAÑA 22 DE XUÑO

• O voceiro de  Pesca do Grupo Popular valora o incremento nun 20% do nivel de capturas admisibles, pero cuestiona a falta de seguridade que provoca no sector e a ausencia dun compromiso firme de intercambio de cota cos países excedentarios

• “Xa a día de hoxe sabemos que o tope pactado será insuficiente para chegar a fin de ano, así que corresponde, ao Goberno central e ao autonómico, traballar e negociar un futuro intercambio de cotas que facilite unha correcta xestión do recurso, e unha adecuada planificación dos traballos, durante o ano 2007”, afirma Balseiro

• Os populares atribúen o incremento das capturas máximas autorizadas “ás boas xestións realizadas durante os gobernos do PP para sanear o caladoiro” e destacan “o compromiso e a boa disposición que sempre manifestou o sector” para, “entre todos”, lograr este obxectivo.

Santiago, 22 de xaneiro de 2007- O Partido Popular de Galicia valora o acordo alcanzado no último Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea, polo que se incrementou nun 20% o total admisible de capturas de pescada (TAC)  para a flota española. Sen embargo, os populares galegos matizan “o excesivo optimismo” amosado polos Gobernos central e autonómico posto que, “se ben é certo que pode considerarse positivo que o resultado das negociacións sexa mellor ano a ano, tamén é certo que xa, a día de hoxe, sabemos que este tope será insuficiente para cubrir as necesidades que ten a flota e, a pesar diso, o Executivo non garantiu o intercambio de cota con terceiros países que son excedentarios na captura de pescada”.
 

O portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro aclara que este acordo “non aporta a estabilidade que demandaba o sector”, posto que a flota galega do Gran Sol non ten a seguridade suficiente para xestionar o seu recurso, nin planificar o seu traballo durante o ano 2007, xa que descoñece os termos e as cantidades que resultarán dos intercambios de cota con outros países”.

 

SEGUIR TRABALLANDO
Por iso, os populares consideran que “é necesario seguir traballando”, especialmente, “mantendo negociacións con Francia, Irlanda e o Reino Unido, e evitar así que a situación actual sexa moito peor que a que tivemos o ano pasado, cando o feito de  non dispoñer do intercambio automático de cota que conlevaba o pacto de Arcachón, repercutiu negativamente no resultado final da pesquería”.
 

ACORDO DERIVADO DA ANTERIOR XESTIÓN DO PP
En todo caso, os populares afirman que o incremento acordado no tope máximo de capturas de pescada é posible “grazas á boa xestión feita polos gobernos do Partido Popular, que repercutiron no saneamento do caladoiro” pero, tamén, como consecuencia da disposición do propio sector e dos armadores, “que sempre se comprometeron coa estabilidade do caladoiro e se esforzaron en mellorar as condicións da flota, especialmente, no tocante á seguridade”.

Precisamente por iso, “resulta máis necesario que nunca” que os Gobernos central e autonómico “deixen de facer alarde do acordo logrado e pechen, o antes posible, as negociacións tendentes a garantir unha elevación do tope de pescada que poderá ser capturada pola flota galega”.